Empresas adheridas

FDS, Field Delivery Spain - DXC
Actividades informáticas, portais web e procesamento de datos
José Echegaray Nº 8
28232 - Las Rozas, Madrid
A Coruña
916 311 684
916 311 684

ES FIELD DELIVERY SPAIN (FDS) é unha empresa do grupo DXC Technology (DXC), especializada no desenrolo e prestación de servizos para os diferentes clientes de DXC.

FDS ten presencia nas diferentes liñas de negocio de DXC e conta con sedes en varias cidades (Barcelona, Girona, León, Madrid, Santiago de Compostela, Sevilla, Valencia e Zaragoza).

 O Centro de Santiago de Compostela está focalizado no análise avanzado de información e Big Data, con máis de 90 profesionais especializados.

O centro de Santiago de Compostela de FDS, leva dende mais de 10 anos apostando pola formación de talento a través de programas de prácticas (curriculares e extracurriculares), tutelado de traballos de fin de grado ou de fin de master de Big Data (en colaboración coa USC) e incorporando perfís recen titulados (titulacións STEM).

A través dos programas formativos e de dispoñer de profesionais especializados con ampla experiencia en Big Data e Análise avanzado de información que acompañan as novas incorporacións permítese unha rápida adaptación aos diferentes proxectos que se levan a cabo dende o noso centro. Así, somos capaces de xerar os novos perfís relacionados cos datos que está demandando o mercado(Data Engineers, Data Scientist, BI Analyst, ...).

¿Qué ofrecemos?

Incorporación a unha empresa líder que presta servizos a importantes clientes de sectores sanitarios, retail, banca e seguros.

Plan formativo en tecnoloxías e metodoloxías relacionadas co Análise Avanzado de información e Big Data.