Altia é unha compañía de servizos de alto valor de tecnoloxías da información e consultoría de transformación dixital. Grazas ao compromiso dos seus máis de 2.200 profesionais, achegou a máis de 800 clientes a un novo mundo dixital.
Con máis de 27 anos de experiencia, é unha das primeiras compañías independentes do sector cun crecemento baseado na vocación de servizo e o compromiso cos seus clientes.
Altia cotiza, desde o 2010, no BME Growth. Forma parte do IBEX Growth Market® All Share e do IBEX Growth Market® 15, índice que mide o comportamento das quince compañías con maior volume de contratación.
A empresa conta con máis 20 localizacións repartidas en 7 países (España, Portugal, Brasil, Chile, EEUU, Irlanda e Holanda); ademais conta con tres Data Centers en Vigo, Madrid e Barcelona.
Altia é unha compañía cun enfoque innovador e global, sempre baseado no crecemento das nosas persoas.
Que ofrecemos
Un plan de carreira baseado nas persoas, onde a potenciación do talento, a formación continua e os equipos autónomos marcan os eixos estratéxicos.
- Adaptabilidade: Carrera profesional adaptada aos obxectivos e necesidades profesionais
- Proxectos diversos: Integración en proxectos diversos e diferenciais, con clientes líderes de diferentes sectores
- Empresa líder: forma parte dunha empresa de referencia no sector, independente e sen vinculación a grandes grupos tecnolóxicos.
Os nosos servizos
Altia ten unha ampla proposta de servizos e produtos cun enfoque end-to-end, combinados coa vocación de servizo de calidade, paixón pola innovación e o compromiso cos seus clientes.
- Low Code
- Data Analytics & AI
- Cybersecurity
- Quality Management
- Smart Solutions
- Datacenter & Cloud
- Enterprise Solutions
- Egovernment
- Omnichannel & Mobility
- Ecommerce
- Infrastructure Solutions