Empresas adheridas

Coremain, SLU
Actividades informáticas, portais web e procesamento de datos
Rúa de Amio, 128 (Polígono de Costa Vella)
15705 - Santiago de Compostela
A Coruña
902 90 55 90
902 90 55 90

Cumprimos 30 anos. Pasamos de contar os clientes cos dedos da man a ofrecerlles a man e crecer con eles: de seis profesionais a case catrocentos, de 300.000€ de facturación a 23 millóns de euros… A clasificación de  Computerworld sitúanos entre as 100 primeiras empresas do sector TIC español.

Actualmente, máis de 50 profesionais de Coremain están certificados nalgún nivel de Xestión de Servizos TI, baseado en  ITIL, e en  PMP polo prestixioso Project Management Institute, o que acredita a aplicación das mellores prácticas destinadas a optimizar o resultado e o éxito dos proxectos.

Coremain é un provedor independente de servizos de Tecnoloxías da Información e Comunicacións cun alto valor engadido: máis de 400 profesionais comprometidos coas políticas de calidade polas que apostamos permanentemente desde o inicio da nosa actividade en 1991.

A nosa experiencia no desenvolvemento de exitosos proxectos, capacítanos para dar unha resposta adecuada a aquelas organizacións que buscan non só un provedor de produtos e servizos senón un colaborador para axudarlle a definir e poñer en marcha as súas estratexias corporativas no campo das TIC.

Servizos:

  • Outsourcing
  • Enxeñería de Software
  • Consultoría
  • Sistemas de xestión empresarial
  • Servizos e despregamento de infraestruturas

Os nosos valores:

  • As persoas: son o noso activo máis importante, en evolución permanente perseguindo con humildade a excelencia no coñecemento.
  • O compromiso: co código de boas prácticas e os obxectivos corporativos.
  • O equipo: baseado no respecto, a tolerancia e a cooperación.
  • A calidade: como medio para alcanzar a excelencia.
  • Os clientes: cuxa satisfacción é o fin último do noso traballo.

Que ofrecemos

  • Incorporación inmediata a un proxecto ilusionante, motivador.
  • Plan de desenvolvemento individual, baseado na avaliación do desempeño.
  • Plan de formación continuo e especializado en tecnoloxías
  • Flexibilidade laboral para a conciliación da vida profesional e persoal.
  • Bo clima laboral, formando parte dun equipo de grandes profesionais.

Outra información de interese

Posibilidade de traballo en remoto ou traballo presencial, tanto nas nosas oficinas de Santiago como nas de Pontevedra ou outras localizacións como Vigo, Madrid, Oviedo, etc.