Retorna

Área
[field_area_de]

MEDIDAS:

Obxectivo 23º

Informar ás presentes e futuras persoas galegas retornadas das medidas específicas dirixidas a favorecer a súa integración no mercado laboral.

MEDIDA 64

Facilitar información a través da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno sobre:

  • Busca de emprego a través do servizo público de emprego
  • Apoio ao traslado de empresas
  • Canal de información específico do emprendemento e novos/as autónomos/as, trámites coas Administracións, axudas e subvencións
  • Orientación para o investimento na Galicia Territorial | Acceder
Obxectivo 24º

Promover a integración laboral por conta allea das persoas galegas retornadas.

MEDIDA 65

Programa de incentivos á contratación na empresa ordinaria, destinado a facilitar a inserción laboral das persoas desempregadas con dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade. Subvención á contratación indefinida inicial e á temporal cunha duración mínima de 12 meses e á formación de persoas contratadas cun incremento dun 25% se a persoa é emigrante galega retornada | Acceder

MEDIDA 66

Retorna Cualifica-Emprego: programa que inclúe accións formativas dirixidas a persoas emigrantes galegas para a adquisición de competencias e capacidades, así como a incorporación ao mercado laboral galego | Acceder

MEDIDA 67

Programas de apoio a empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras:

  • Programa I: Axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social | Acceder
  • Programa II: Axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social | Acceder
MEDIDA 68

Programa de axudas a centros especiais de emprego Acceder

MEDIDA 69

Programa de fomento e consolidación do emprego nas PEMES de nova creación, que ten por finalidade xerar emprego estable para persoas desempregadas, dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais en Galicia con especial atención aos concellos rurais galegos cun incremento dun 25% se a persoa é emigrante galega retornada | Acceder

MEDIDA 70

Axudas á contratación indefinida de persoas asalariadas por traballadores/as autónomos/as dentro do programa de promoción e consolidación de emprego autónomo. O incentivo increméntase un 25% se a persoa é emigrante galega retornada. A contía máxima da subvención pode chegar aos 16.250€ para contratación da primeira persoa asalariada e a 22.500€ para a contratación da 2ª e a 3ª.

  • Programa I: Axudas á promoción de emprego autónomo | Acceder
  • Programa II: Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas | Acceder
MEDIDA 71

Facilitar a posibilidade de inclusión de persoas galegas retornadas en empresas galegas a través de acordos coas confederacións e asociacións de empresarios/as galegos/as.

MEDIDA 72

Programa APROL-ECONOMÍA SOCIAL, destinado a fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais. Estas axudas incrementaranse nun 25% para os/as emigrantes retornados/as e terán unha contía máxima de 67.500 euros.

  • Programa I: Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais | Acceder
  • Programa II: Fomento do acceso á condición de persoa socia | Acceder
MEDIDA 73

Programa APROL-RURAL, que ten como obxectivo o fomento do emprego en colaboración coas entidades locais no medio rural a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social | Acceder

Obxectivo 25º

Promover o autoemprego, a integración laboral por conta allea e a creación de PEMES por persoas galegas retornadas.

MEDIDA 74

Programa Retorna Acelera-Emprendemento: Programa para impulsar a creación de empresas cunha fase de pre-aceleración de acompañamento e titorización e unha fase de aceleración para os proxectos máis viables.

MEDIDA 75

Promover o autoemprego e a creación de empresas por persoas galegas retornadas, a través do retorno emprendedor, coas que estes/as emprendedores/as poderán ter unha aportación de ata 10.000 euros, incentivando a creación de empresas por mulleres e nos concellos rurais | Acceder

MEDIDA 76

Programa de promoción e consolidación do emprego autónomo. Dá acceso ás axudas a desempregados/as que desenvolven a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores/as autónomos/as por conta propia e incentiva a creación de emprego autónomo, cun incremento dun 25% se a persoa é emigrante galega retornada. Contía máxima 10.000 € | Acceder

MEDIDA 77

PROGRAMA EMEGA. Comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres e a favorecer a conciliación familiar e dar acceso aos servizos específicos de acompañamento, asesoramento e titorización con obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres. Dentro deste programa podemos atopar distintas liñas de axuda: Emprende, Innova, Activa, ITEF, Concilia e Dual | Acceder

MEDIDA 78

Programa de APOIO ÁS INICIATIVAS DE EMPREGO DE BASE TECNOLÓXICA (IEBT). Pretende dinamizar a vocación emprendedora da comunidade universitaria e aproveitar o potencial empresarial das persoas dedicadas á investigación e das que teñen amplos coñecementos das novas tecnoloxías, así como impulsar a transformación do coñecemento creado nas universidades e nos centros de investigación en proxectos xeradores de riqueza e de emprego. Con este programa subvenciónase a creación de traballo indefinido. Estas axudas incrementaranse nun 25% para as persoas emigrantes galegas retornadas e terán unha contía máxima de 24.000 euros | Acceder

MEDIDA 79

A REDE GALEGA DE ACELERADORAS DA INNOVACIÓN ofrece un apoio intensivo nas primeiras etapas de nacemento empresarial prestando soporte específico á evolución dende ideas incipientes a prototipos, ou dende os prototipos ata produtos listos para o mercado a través dunha programación temporal inferior ao habitual nestes procesos, e captando proxectos desenvolvidos por investigadores/as e emprendedores/as no estranxeiro | Acceder

Obxectivo 26º

Promover o autoemprego mediante a creación de pemes por parte das persoas galegas retornadas no ámbito pesqueiro-marítimo.

MEDIDA 80

Axudas dos grupos de acción local de pesca. Destinadas a fomentar a diversificación e complementariedade da economía marítimo-pesqueira en zonas costeiras. A porcentaxe máxima da axuda para proxectos de investimento produtivo ascende ao 50% do gasto total subvencionable ata un máximo de 200.000€ por promotor/a durante un período de tres exercicios | Acceder

MEDIDA 81

Axudas para a incorporación de mozos/as á actividade extractiva (pesca e marisqueo). Contribúen á primeira compra dunha embarcación pesqueira por persoas menores de 40 anos que traballaran durante polo menos cinco anos como pescadores/as ou posúan a titulación profesional requirida segundo o tipo de embarcación que desexan adquirir. A axuda é do 25% do custo da embarcación, podendo alcanzar os 75.000€.

MEDIDA 82

Axudas de apoio ás Pemes de transformación de produtos de pesca e acuicultura.

Obxectivo 27º

Promover o autoemprego mediante a creación de pemes por parte das persoas galegas retornadas no ámbito do medio rural.

MEDIDA 83

Axudas destinadas a proxectos produtivos localizados na Galicia rural e promovidos por persoas físicas ou xurídicas privadas. A intensidade da axuda será como mínimo do 15% e como máximo do 50% do investimento total subvencionable. O importe da axuda limitarase a un máximo de 200.000€.

MEDIDA 84

Axudas destinadas a proxectos non produtivos. A intensidade da axuda estará entre un mínimo do 30% e como máximo do 100% do total do investimento subvencionable. O importe da axuda limitarase a un máximo de 200.000€, non obstante, poderase chegar a 250.000€.

MEDIDA 85

Axudas para proxectos de investimento en actividades non agrícolas. O obxectivo é apoiar, por un lado, a adquisición de maquinaria e equipos en empresas existentes no medio rural e, por outro lado, impulsar novas actividades empresariais nas vilas modelo.

MEDIDA 86

Priorizar para alugar terras no Banco de Terras de Galicia para as persoas galegas retornadas | Acceder

MEDIDA 87

Axudas para a incorporación da xuventude á actividade agraria.

Obxectivo 28º

Promover o autoemprego coa a creación de PEMES por parte das persoas galegas retornadas no ámbito das empresas TIC.

MEDIDA 88

Poñer a disposición das persoas retornadas os espazos do Gaiástech para o lanzamento da súa actividade emprendedora de proxectos dixitais en Galicia.

Obxectivo 29º

Programas de axuda destinados a impulsar o financiamento e cofinanciamento de proxectos empresariais de nova creación e innovadores.

MEDIDA 89

Ofrecer ás persoas galegas retornadas liñas de financiamento sen avais (micro-créditos) para que comecen a súa actividade empresarial por conta propia.

MEDIDA 90

Asesorar e axudar no acceso aos PRÉSTAMOS IFI: IFI INNOVA, de apoio financeiro a proxectos innovadores de pemes, financiando activos tanxibles e intanxibles e gastos de desenvolvemento e innovación (para importes de ata 500.000 euros). Beneficiaranse de xuros reducidos e garantías adicionais á responsabilidade das sociedades de préstamo ata certas contías | Acceder

MEDIDA 91

Facilitar os medios para o seu traslado a Galicia a aqueles/as galegos/as que teñen unha pequena empresa no seu país de acollida, incentivando o seu establecemento no rural.

MEDIDA 92

Asesoramento e axuda no acceso aos préstamos directos do IGAPE, na súa modalidade de préstamos para Investimentos Estratéxicos: Financiamento de ata o 50% de investimentos en activos fixos de, como mínimo e con carácter xeral, 1.000.000 €. Tamén poden ser financiadas as necesidades de circulante estrutural.

Obxectivo 30º

Retorno de empresarios/as e grandes investidores/as galegos/as do exterior ofrecéndolles oportunidades de investimento na Galicia territorial.

MEDIDA 93

Asesoramento e axuda no acceso aos incentivos económicos rexionais que teñen por finalidade fomentar o desenvolvemento económico rexional a través do apoio financeiro á implantación de proxectos empresariais en Galicia para corrixir os desequilibrios territoriais existentes.

MEDIDA 94

Asesoramento e axuda no acceso ao programa Reavais do Igape ao amparo do convenio Igape-SGR, que permite o acceso a préstamos bancarios avalados polas SGR, de entre 3.000 e 1.000.000 euros, con prazos de amortización de ata 10 anos, para destinar ao investimento, circulante, operacións de tráfico comercial ou garantías ante terceiros.

MEDIDA 95

Participación de persoas galegas retornadas nos COWORKING EOI – Igape, que se organicen na Comunidade Autónoma de Galicia.

MEDIDA 96

Rodas de financiamento como “Business Angels” daqueles proxectos de emprendedores/as con máis posibilidades de saír adiante e que busquen liñas de financiamento.

MEDIDA 97

Na potenciación do sistema de BBAA de Galicia e a xeración de eventos tipo “investor days” poderanse presentar proxectos emprendedores con potencialidade e interese de investimento. Se houbese masa crítica, poderíase pensar nun investor day específico para proxectos de emigrantes retornados/as.

MEDIDA 98

Propostas de investimento ás empresas galegas que estean en proceso de ampliación do seu accionariado.

MEDIDA 99

Asesoramento e axuda no acceso aos incentivos económicos rexionais e ás axudas do Galicia Inviste, que ten por finalidade fomentar o desenvolvemento económico rexional a través do apoio financeiro, mediante subvencións a fondo perdido, á implantación de proxectos empresariais en Galicia para corrixir os desequilibrios territoriais existentes.

MEDIDA 100

Asesoramento e axuda para conseguir a marca Galicia Calidade Acceder