Retorna

Área
[field_area_de]

MEDIDAS:

Obxectivo 13º

Informar ás presentes e futuras persoas galegas retornadas das medidas dirixidas a favorecer a súa continuidade formativa ou a dos/as seus/súas fillos/as.

MEDIDA 36

Ofrecer información a través da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno sobre:

  • Trámites e requisitos previos ao retorno.
  • Acceso ao sistema educativo español, en todos os seus niveis, así como sobre os trámites administrativos para a escolarización dos/as seus/súas fillos/as.
  • Axudas e bolsas para todos os niveis de ensino tanto de ámbito estatal como autonómico.
  • Homologación e validación de estudos | Acceder
Obxectivo 14º

Incentivar o retorno das familias do exterior, favorecendo a incorporación nos centros de ensino primario e secundario da nosa comunidade autónoma, así como no sistema universitario de Galicia.

MEDIDA 37

BOLSAS EXCELENCIA MOCIDADE EXTERIOR - MASTER (BEME), para que a xuventude galega que reside no exterior con formación universitaria veñan a Galicia a cursar un máster que lles permita incorporarse ao mercado laboral galego. Comprenden unha aportación anual de 7.000 euros para os estudantes de Europa e 7.650 para os do resto de países, que chegan a 11.475 euros no caso dos másteres de curso e medio de duración. Durante a súa estancia facilitaráselles orientación laboral para que poidan iniciar a súa traxectoria profesional e establecerse en Galicia | Acceder

MEDIDA 38

RETORNA XUVENTUDE FP - Bolsas para a xuventude do exterior co fin de cursar estudos de Formación Profesional Acceder

MEDIDA 39

Axudas destinadas a estudantes do Sistema Universitario de Galicia que, por causas sobrevindas e imprevistas acaecidas durante o curso académico, teñan dificultades económicas para continuar os seus estudos. Inclúese entre outros colectivos as persoas galegas retornadas | Acceder

MEDIDA 40

Axudas para persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia | Acceder

MEDIDA 41

Formación en lingua galega.

Obxectivo 15º

Aumentar a capacitación dixital das persoas galegas retornadas, poñendo á súa disposición espazos de formación.

MEDIDA 42

Poñer a disposición das persoas galegas retornadas as aulas e espazos da REDE CeMIT, onde poderán acceder libremente a través de internet e facer uso dos equipos tecnolóxicos, así como participar nos programas formativos no ámbito da alfabetización e capacitación dixital para desenvolver as súas competencias dixitais.

Obxectivo 16º

Facilitar a capacitación profesional das persoas galegas retornadas.

MEDIDA 43

Facilitar o acceso das persoas galegas retornadas ao proceso de avaliación e acreditación das competencias profesionais.

Obxectivo 17º

Promover a formación das persoas galegas retornadas para a súa integración no mercado laboral.

MEDIDA 44

Introducir o colectivo como prioritario nos programas de formación da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade tanto nos cursos de formación para desempregados/as como nos programas de talleres e unidades formativas

MEDIDA 45

Implantar nos sistemas electrónicos das oficinas e nos de formación do Sistema Público de Emprego de Galicia os códigos correspondentes e un protocolo de atención específico para as persoas galegas retornadas.

Obxectivo 18º

Promover a formación das persoas galegas retornadas no ámbito marítimo-pesqueiro, acuícola e de mergullo.

MEDIDA 46

Acceso á formación profesional marítimo-pesqueira, acuícola e de mergullo.

MEDIDA 47

Dar acceso á rede de centros e procesos de formación da Consellería do Mar.

MEDIDA 48

Dar acceso á formación continua e a especialización que ofrece a Consellería do Mar no ámbito marítimo-pesqueiro (pesca, vela, seguridade e extinción de incendios).

MEDIDA 49

Prestar atención e promover a xestión ante a Administración Xeral do Estado das demandas de homologación de cursos cursados noutros países, así como da posible validación de títulos vinculados aos convenios internacionais relacionados coa formación náutica STCW e STCW-F.

MEDIDA 50

Axudas para a formación de persoal auxiliar no campo da investigación mariña, que teñen unha duración de dous anos e unha dotación mensual | Acceder

Obxectivo 19º

Informar aos/ás presentes e futuros/as retornados/as das medidas específicas dirixidas aos/ás investigadores/as.

MEDIDA 51

Ofrecer información, a través da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno sobre os programas destinados a investigadores/as e ao emprendemento innovador.

Obxectivo 20º

Promover a captación e retorno de investigadores/as, fomentando a súa incorporación aos distintos centros de coñecemento, empresas e institucións que traballan no ámbito da I+D+i.

MEDIDA 52

Portal de TALENTO e MAPA DE ECOSISTEMA I+D+I: Reforzar os programas de xeración, atracción e retorno do Talento para a I+D+i a nivel internacional e difusión das ofertas de demandas laborais para a I+D+i.

MEDIDA 53

Campaña de internacionalización das accións de Talento.

MEDIDA 54

PROGRAMA TALENTO SÉNIOR: Axudas para a contratación de persoal altamente cualificado, por un período mínimo de tres anos e con máis de 5 anos de experiencia profesional para desenvolver a súa carreira profesional en empresas e centros de investigación, así como para estimular a demanda no sector público e privado de profesionais cualificados para acometer proxectos de I+D+i en Galicia | Acceder

MEDIDA 55

O PROGRAMA DE DOUTORADO INDUSTRIAL financia o desenvolvemento de teses doutorais nunha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía, interesado en contratar persoal investigador predoutoral para realizar un proxecto de investigación industrial en colaboración cunha universidade do SUG | Acceder

MEDIDA 56

O PROGRAMA OPORTUNIUS xera oportunidades para o persoal investigador de excelencia que queira desenvolver a súa carreira científica en Galicia, reforzando as opcións de acceso e os beneficios asociados ás axudas do Consello Europeo de Investigación, co fin último de facilitar a estabilidade dos/as mellores investigadores/as galegos/as e atraer a outros/as científicos/as de excelencia de fóra de Galicia | Acceder

MEDIDA 57

PROGRAMA PRINCIPIA. Apoio á contratación de persoal vinculado a tarefas de I+D+i, en concreto persoas menores de 30 anos | Acceder

Obxectivo 21º

Difundir, atraer e reter o talento das persoas traballadoras galegas residentes no exterior.

MEDIDA 58

Consolidar o espazo web para o encontro entre empresas galegas e profesionais galegos/as emigrados/as especializados/as no ámbito TIC a través do portal RETORNA DIXITAL, que conta cun directorio de empresas para que os/as profesionais interesados/as poidan contactar directamente coas entidades ofertantes de postos de traballo.

MEDIDA 59

Contribuír a difundir as capacidades tecnolóxicas do territorio galego mediante un programa de webinarios e eventos de networking co fin de atraer talento galego do exterior.

MEDIDA 60
  • Difundir entre a cidadanía e executar as actuacións implementadas na Estratexia Retorna a través dos medios xa dispoñibles no Gaiástech.
  • Empregar o servizo de axenda e boletín do Gaiástech para favorecer a difusión e a publicidade de actos relacionados cos obxectivos temáticos da Estratexia Retorna.
  • Empregar o servizo de organización de actos coa posibilidade de reserva de espazos e equipamentos ao servizo de streaming para a celebración de eventos en liña | Acceder

 

Obxectivo 22º

Dar a coñecer entre as persoas galegas residentes no exterior a actual oferta tecnolóxica e dixital do territorio, perseguindo atraer talento e ofrecer ás persoas galegas retornadas asesoramento e apoio aos seus proxectos emprendedores.

MEDIDA 61

Dar a coñecer entre as persoas retornadas galegas que poñan iniciativas empresariais en Galicia, os programas de asesoramento empresarial Reacciona e Reacciona TIC, para contribuír ao aumento de nivel de dixitalización do tecido empresarial galego.

MEDIDA 62

Ofrecer ás persoas galegas retornadas a través do portal Dixiterrae información sobre o proceso de transformación dixital en Galicia e o coñecemento dos servizos e ferramentas dispoñibles na actualidade | Acceder

MEDIDA 63

Fomentar o acceso ás persoas galegas residentes no exterior á Administración electrónica para que, entre outras poidan realizar xestións relacionadas coa busca de emprego dende o exterior.