Retorna
MEDIDAS:
Informar aos/ás presentes e futuros/as retornados/as das medias dirixidas a favorecer a súa continuidade formativa ou a dos/as seus/súas fillos/as.
A Oficina Integral de Asesoramento ao Retorno ofrecerá información sobre:
- Acceso ao sistema educativo español, así como sobre os trámites administrativos para a escolarización dos/as seus/súas fillos/as.
- Axudas e bolsas para todos os niveis de ensino, tanto de ámbito estatal como autonómico.
- Homologación de estudos.
Incentivar o retorno dos/as galegos/as do exterior favorecendo a súa incorporación ou a dos/as seus/súas fillos/as nos centros de ensinanza primaria e secundaria da nosa comunidade autónoma, así como no sistema universitario de Galicia.
Bolsas para cursar estudios de Formación Profesional Superior para emigrantes retornados/as, cunha achega de 5.000 euros. | Acceder
Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), para que os/as mozos/as galegos/as que residen no exterior con formación universitaria veñan a Galicia a cursar un mestrado que lles permita incorporarse ao mercado laboral galego. Comprenden unha achega anual de 7.000 euros para os/as estudantes de Europa e 7.650 para os/as do resto de países, que chegan a 11.475 euros no caso dos mestrados de curso e medio de duración. Durante a súa estadía facilitaráselles orientación laboral para que poidan iniciar a súa traxectoria profesional e establecerse en Galicia | Acceder
Seguir traballando no desenvolvemento do Programa de Estudo para a Retención do Talento Emerxente de Galicia (Pértega), que fomenta as sinerxias entre os axentes implicados no desenvolvemento do talento xuvenil, reforza a capacitación das habilidades transversais máis demandadas polo mercado laboral e aposta por programas de desenvolvemento persoal que aceleren as capacidades e dean resonancia e visibilidade aos/ás mozo/as retornados/as máis cualificados/as, premiando o seu talento e o seu esforzo.
Axudas destinadas ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia (SUG) que, por causas sobrevidas e imprevistas acontecidas ao longo do curso, teña dificultades económicas, co obxectivo de garantir que poidan continuar os seus estudos. Entre o alumnado que pode solicitar estas bolsas atópase o colectivo de emigrantes retornados/as | Acceder