Retorna
MEDIDAS:
Crear un sistema de xestión integral do retorno, como proxecto piloto cofinanciado con cargo ao Programa Operativo FSE-Galicia 2014-2020, a través dunha oficina física en Galicia, co obxectivo de facilitar ás persoas emigrantes retornadas e ás súas familias un servizo de portelo único con asesoramento e seguimento personalizado nas áreas de:
- Emprego e formación
- Social
- Educativa
Creación da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, integrada por un conxunto de técnicos/as cualificados/as, para asesorar de forma presencial e efectuar un seguimento personalizado ás persoas emigrantes retornadas e as súas familias no eido dos obxectivos temáticos previsto no PO FSE Galicia 2014-2020.
Facilitar o acceso a todas as medidas de fomento do retorno a todos/as os/as galegos/as no exterior a través das TICs.
Que os/as galegos/as residentes no exterior coñezan as medidas que se recollen neste documento.
Intensificar a divulgación dos programas da Xunta de Galicia no exterior, organizando encontros informativos en puntos de encontro da diáspora.
Incentivar ás comunidades galegas do exterior para que divulguen no país de residencia as accións do retorno.
Que os/as emigrantes que retornaron recentemente a Galicia dispoñan de fontes de información válidas para a súa integración social e laboral.
Incentivar ás asociacións que desenvolvan proxectos dirixidos á integración dos/as emigrantes retornados/as.