Retorna - Empresas
Adhesión de empresas
O programa Retorna Dixital enfócase en atraer talento dixital cara á Comunidade para contribuír a pechar a fenda entre a dispoñibilidade de talento dixital e a demanda do sector tecnolóxico galego.
O espazo RetornaDixital aglutina nun único punto a oferta de emprego neste eido para achegar a calquera galego ou galega residente no exterior, e con interese en retornar, ou que xa retornaron a Galicia, información sobre vacantes dispoñibles así como datos de contacto das empresas TIC galegas.
As empresas adheridas ao programa promoverán a súa visibilidade entres os potenciais candidatos/as accedendo a novas oportunidades de captar perfís dixitais interesados en voltar a Galicia, asumindo o compromiso de comunicar as súas ofertas de emprego a través das canles dispoñibles para manter este espazo en constante actualización.