Listados provisionais de solicitudes admitidas e excluídas no programa de 'Bolsas Excelencia Mocidade Exterior' 2018

Listen to this page using ReadSpeaker
759 lecturas
Listados para descargar e información para emendar as solicitudes.
Estado: 
Procedemento pechado

De conformidade co artigo 11 da Resolución do 19 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de cen (100) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de mestrado que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega, procédese á publicación dos:

Listados provisionais de solicitudes admitidas e excluídas indicando neste último o motivo de exclusión.

De conformidade co disposto no artigo 13.3 da resolución de convocatoria, as persoas provisionalmente excluídas disporán dun prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación nesta web, para que acheguen os documentos que se lle requiren. Transcorrido este prazo sen que se achegue dita documentación, considerarase que a persoa interesada desiste da súa petición, nos termos e condicións establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A presentación da documentación que se lle require deberá realizarse de forma electrónica a través da aplicación informática establecida nesta convocatoria de bolsas.

Data publicación páxina web: 21.06.2018

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN DE SUBSANACIÓN DO 22 AO 28 DE XUÑO DE 2018 (24:00 horas, horario peninsular de España) ambos os dous incluídos.

Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME

Listados provisionais

Solicitudes admitidas Solicitudes excluídas
Descargar Descargar

 

  • Para emendar a súa solicitude e enviar a documentación requirida entre na aplicación en "subsanación" (picar aquí)
Data de publicación: 
21.06.2018
Data fin de prazo: 
28.06.2018