Liñas de axuda

Ex. 28.03.2024
Ex. 28.03.2024
  • 153 Axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a realización de proxectos promovidos pola xuventude no exercicio 2010
    Este programa ten por obxecto a realización de proxectos promovidos pola xuventude durante o exercicio 2010.
    Nome do programa:Axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a realización de proxectos promovidos pola xuventude no exercicio 2010 Destinatarios: Poderán ser beneficiarios das axudas establecidas para este programa as entidades galegas que teñan recoñecida a... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2010
    O obxecto deste programa é a concesión de axudas ás entidades galegas no exterior para contribuír ao financiamento dos gastos derivados dos investimentos que realicen durante o exercicio 2010.
    Nome do programa: Axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2010 Destinatarios: Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou condición de centro colaborador.... Máis información
    Procedemento pechado
  • 166 154 Subvencións para o desenvolvemento de accións formativas ligadas á inserción laboral destinadas a persoas retornadas e inmigrantes 2009
    Serán subvencionables a través desta convocatoria as accións formativas que teñan unha clara conexión co emprego dirixidas, exclusiva ou conxuntamente, a persoas retornadas e inmigrantes, e que consistan na realización de cursos de formación para a mellora da cualificación profesional e da empregabilidade que recollan obxectivos cuantitativos de inserción laboral en ocupacións relacionadas coa formación impartida.
    Nome do programa: Subvención para o desenvolvemento de accións formativas ligadas á inserción laboral destinada a persoas retornadas e inmigrantes 2009 Destinatarios: Organizacións empresariais, profesionais e sindicais, así como as entidades sen ánimo de lucro que teñan como finalidade... Máis información
    Procedemento pechado
  • 152 153 166 154 Axudas para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario 2009
    Publicación das bases reguladoras das axudas para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario para o ano 2009.
    Nome do programa: Axudas para a realización de viaxes por razóns sociais, asistenciais ou humanitarias Destinatarios: Poderán ser beneficiarios/as destas subvencións as seguintes persoas: a) Emigrantes de orixe galega e nacionalidade española residentes no exterior ou descendentes ata o segundo... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Programa de viaxes "Ven a Galicia, ben en Galicia" 2009
    Resolución do 26 de agosto de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convocan e se regulan as axudas correspondentes ao programa Ven a Galicia, ben en Galicia para residentes no exterior durante o ano 2009.
    Nome do Programa:Ven a Galicia, ben en Galicia Destinatarios: Poderán ser solicitantes deste programa os emigrantes galegos residentes en Europa e os naturais de Galicia que residan noutra comunidade autónoma que cumpran os requisitos enumerados na mencionada resolución (artigo 2º). Lugar e... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Axudas para a realización de actividades culturais 2009
    A Secretaría Xeral da Emigración convoca axudas destinadas ao financiamento dos custos xerados pola realización de actividades artísticas ou culturais que contribúan á difusión do acervo cultural galego fóra de Galicia e se desenvolvan nas entidades galegas do exterior ou en lugares onde residan un número significativo de galegos; así como a actuación de grupos de mozos e mozas galegos, residentes no exterior, que difundan en Galicia as actividades artísticas e culturais que teñan lugar nas súas colectividades. Resolución do 26 de agosto de 2009 da Secretaría Xeral da Emigración pola que se establecen e regulan as axudas para a realización de actividades culturais con destino aos lugares nos que estean radicadas as entidades galegas no exterior.
    Nome do programa: Axudas para a realización de actividades culturais. Destinatarios: Persoas físicas ou xurídicas, así como calquera outra agrupación de persoas, comunidade de bens, unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Axudas e subvencións a programas de actuación a favor das comunidades galegas no exterior 2009
    O obxecto deste programa é a concesión de axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para o exercicio 2009.
    Nome do programa: Axudas e subvencións a programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior 2009. Destinatarios: Poderán ser beneficiarios das axudas establecidas para este programa as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior 2009
    O obxecto deste programa é a concesión de axudas ás entidades galegas no exterior para contribuír ao financiamento dos gastos derivados dos investimentos que realicen durante o exercicio 2009.
    Nome do programa: Axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2009  Destinatarios: Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou condición de centro colaborador.... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Programa de viaxes para emigrantes "Volver á Terra" 2009
    A Secretaría Xeral da Emigración convoca o programa "Volver á terra", coa finalidade de que os emigrantes galegos maiores de 60 anos e con baixos recursos económicos, poidan reencontrárense coa súa terra e coa súa familia.
    Nome do programa:Programa de viaxes  "Volver á Terra" 2009. Destinatarios: Poderán ser solicitantes deste programa os emigrantes e os seus conxuxes ou parella de feito que cumpran os  requisitos enumerados na correspondente resolución (artigo 3º). Características: Número de prazas... Máis información
    Procedemento pechado
  • 166 154 Subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a integración da poboación inmigrante extracomunitaria 2009
    A Secretaría da Emigración fai pública a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega, así como o seu reforzo educativo, no ano 2009.
    Nome do programa: Subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a integración da poboación inmigrante extracomunitaria 2009. Destinatarios: As subvencións que convoca esta resolución poderán ser solicitadas por aqueles concellos, mancomunidades de concellos e... Máis información
    Procedemento pechado

Páxinas