Liñas de axuda
Buscador
-
153
Axudas para a realización de actividades culturais 2009
A Secretaría Xeral da Emigración convoca axudas destinadas ao financiamento dos custos xerados pola realización de actividades artísticas ou culturais que contribúan á difusión do acervo cultural galego fóra de Galicia e se desenvolvan nas entidades galegas do exterior ou en lugares onde residan un número significativo de galegos; así como a actuación de grupos de mozos e mozas galegos, residentes no exterior, que difundan en Galicia as actividades artísticas e culturais que teñan lugar nas súas colectividades. Resolución do 26 de agosto de 2009 da Secretaría Xeral da Emigración pola que se establecen e regulan as axudas para a realización de actividades culturais con destino aos lugares nos que estean radicadas as entidades galegas no exterior.Procedemento pechado
-
153
Axudas e subvencións a programas de actuación a favor das comunidades galegas no exterior 2009
O obxecto deste programa é a concesión de axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para o exercicio 2009.Procedemento pechado
-
153
Axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior 2009
O obxecto deste programa é a concesión de axudas ás entidades galegas no exterior para contribuír ao financiamento dos gastos derivados dos investimentos que realicen durante o exercicio 2009.Procedemento pechado
-
153
Programa de viaxes para emigrantes "Volver á Terra" 2009
A Secretaría Xeral da Emigración convoca o programa "Volver á terra", coa finalidade de que os emigrantes galegos maiores de 60 anos e con baixos recursos económicos, poidan reencontrárense coa súa terra e coa súa familia.Procedemento pechado
-
166 154
Subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante 2009
A Secretaría Xeral da Emigración convoca a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante na Comunidade Autónoma galega, no ano 2009.Procedemento pechado
-
166 154
Subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a integración da poboación inmigrante extracomunitaria 2009
A Secretaría da Emigración fai pública a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega, así como o seu reforzo educativo, no ano 2009.Procedemento pechado
-
154
Subvencións a entidades sen ánimo de lucro destinadas a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria 2009
A Secretaría Xeral da Emigración convoca a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2009.Procedemento pechado
-
153
Axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior 2009
O programa "Axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior" para o ano 2009, ten como obxecto a concesión de axudas económicas, directas, individuais e de carácter social, dirixidas aos emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega, e a determinados familiares, residentes no estranxeiro, que se atopen en situación de precariedade económica. Están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.Procedemento pechado
-
166
Axudas a emigrantes retornados 2009
A Secretaría Xeral de Emigración convoca axudas extraordinarias a favor de emigrantes galegos retornados e os seus familiares para o exercicio 2009. A resolución ten por obxecto a protección de situacións de necesidade ou precariedade económica derivadas do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.Procedemento pechado
-
166 154
Axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes 2009
A Secretaría Xeral de Emigración convoca axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes para o ano 2009. O obxecto regular, para o ano 2009, a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes radicadas en Galicia e que desenvolvan programas que favorezan a integración social destes colectivos na nosa comunidade autónoma.Procedemento pechado
Páxinas |