Liñas de axuda

Ex. 19.04.2024
Ex. 19.04.2024
  • 153 Axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario. Ano 2012.
    Información da convocatoria e formularios de inscrición.
    Obxecto e finalidade das axudas: Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións da Secretaría Xeral da Emigración para atender casos sobrevidos de emerxencia social, sanitaria, asistencial ou que teñen por finalidade sufragar os custos de emisión de... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Axudas do programa "Reencontros na Terra" para residentes no exterior. Ano 2012.
    Información do programa e formularios de inscrición.
    Obxecto e finalidade das axudas: Este programa ten por obxecto promover o contacto dos galegos e as galegas residentes no exterior coa súa terra e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.Prazas convocadas: A asignación do número de prazas, realizada en función das... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Seminarios de baile, música, obradoiros artesanais e cociña galega. Ano 2012
    Información e Formularios de Inscrición. A Secretaría Xeral da Emigración co obxectivo de potenciar os costumes e tradicións galegas e posibilitar que os galegos e as galegas que residen no exterior manteñan os vínculos coa cultura de Galicia convoca distintos seminarios formativos de baile, música tradicional, obradoiros artesanais e cociña galega, que se realizarán nas entidades galegas do exterior, de xeito que se manteña viva a nosa identidade e se promocione a nosa cultura na Galicia exterior.
    Modalidades convocadas: Seminarios de baile. Seminarios de gaita. Seminarios de percusión. Seminarios de pandeireta e canto. Seminarios de carácter artesanal. Seminarios de cociña galega. Documentación: Formulario de solicitude para cubrir on-line* (picar aquí para... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Programa de axudas para a participación en actividades de Campamentos e Campos de Traballo no ano 2012
    Información dos programas de campamentos e campos de traballo dirixidos a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos/as e que residan no exterior e formularios para a inscrición.
    Obxecto: Facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares. Número de prazas convocadas e características: 1.- Actividades de campamento: convócanse 213 prazas en campamentos e albergues xuvenís situados en Galicia, dependentes da Dirección... Máis información
    Procedemento pechado
  • 152 153 166 154 Prazo de presentación de novas inscricións e actualización das listas de formadores/as para impartir seminarios fóra de Galicia durante o ano 2012
    Información e formularios de inscrición.
    De acordo coa resolución do 13 de maio de 2008 (art. 10º), poderanse presentar novos méritos e novas solicitudes de inscrición dúas veces ao ano, unha antes da data do 15 de xuño, e outra antes da data do 15 de decembro. Infórmase que ata o 14 de febreiro (inclusive) deste ano as e os formadores... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Axudas económicas individuais a galegos e galegas residentes no exterior. Exercicio 2012.
    Información do Programa e Formularios de Solicitude das Axudas económicas individuais de carácter social dirixidas a emigrantes galegos residentes no estranxeiro que posúan a nacionalidade española e a determinados familiares, que se atopen en situación de necesidade económica. Estas axudas están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención socio-sanitaria.
    Destinatarios/as: Os emigrantes galegos e os seus fillos, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galego de acordo co que se establece no artigo 3º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia. A forma de acreditar dita condición de galego sinálase no artigo 14º destas bases. Os netos de... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das Comunidades Galegas no Exterior para o exercicio 2012.
    Información dos Programas de Axudas e formularios para as solicitudes de axuda.
    Programas de Axudas e Subvencións: Programa 1: axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das entidades galegas no exterior. Programa 2: axudas ás entidades galegas no exterior para proxectos culturais, socioasistenciais, promovidos pola xuventude e accións informativas.... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Subvencións correspondentes aos programas de Apoio Infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2012
    Información dos distintos Programas de Axudas e formularios para as solicitudes de axuda.
    Programas de Axudas e Subvencións: Programa A. Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións. Programa B. Axudas a entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos. Documentación... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Programa de viaxes "Reencontros na Casa" para residentes no exterior. Ano 2012.
    Información do programa e formularios de inscrición. O programa Reencontros na casa está orientado a promover o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.
    Destinatarios/as: Poderán ser solicitantes deste programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos: Ser emigrante galego. Ter a nacionalidade española. Residir en América. Ter cincuenta e cinco anos ou máis de idade contados na data de finalización do prazo de... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Escolas Abertas presenciais 2012
    Información e formularios de inscrición dos obradoiros de especialización de carácter presencial que se desenvolverán durante o vindeiro mes de xullo na cidade de Lugo.
    Modalidades: Os distintos programas que se desenvolverán dentro das Escolas Abertas 2012 realizaranse na cidade de Lugo e consistirán en obradoiros de especialización: 1. Especialización: 1.1. Gaita tradicional galega. 1.2. Baile tradicional galego. 1.3. Percusión tradicional galega. 1.4.... Máis información
    Procedemento pechado

Páxinas