Liñas de axuda
Buscador
-
153
Axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior 2009
O programa "Axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior" para o ano 2009, ten como obxecto a concesión de axudas económicas, directas, individuais e de carácter social, dirixidas aos emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega, e a determinados familiares, residentes no estranxeiro, que se atopen en situación de precariedade económica. Están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.Procedemento pechado
-
166
Axudas a emigrantes retornados 2009
A Secretaría Xeral de Emigración convoca axudas extraordinarias a favor de emigrantes galegos retornados e os seus familiares para o exercicio 2009. A resolución ten por obxecto a protección de situacións de necesidade ou precariedade económica derivadas do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.Procedemento pechado
-
166 154
Axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes 2009
A Secretaría Xeral de Emigración convoca axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes para o ano 2009. O obxecto regular, para o ano 2009, a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes radicadas en Galicia e que desenvolvan programas que favorezan a integración social destes colectivos na nosa comunidade autónoma.Procedemento pechado
-
153
Programa de viaxes para emigrantes "Volver á casa" 2009
O programa "Volver á casa" está orientado a promover o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.Procedemento pechado
-
153
Programa de actividades de campamentos e campos de traballo 2009
A Secretaría Xeral de Emigración ten coma un dos seus obxectivos promover a participación da colectividade galega no exterior na nosa vida cultural e social, o desenvolvemento de actividades culturais, de accións solidarias e tempo libre dirixidas á xuventude do exterior, así como o fomento da partiparticipación dos mozos e mozas descendentes de galegos nos programas e servizos a favor da xuventude.Procedemento pechado
-
153
Curso de Auxiliar de Enfermería de Xeriatría 2009
A Secretaría Xeral de Emigración convoca los cursos de Auxiliar de Enfermería de Xeriatría para o ano 2009, que se celebrarán en Bos Aires e Montevideo.
-
152 153 166 154
Programa de Formadores Colaboradores 2009
A Secretaría Xeral de Emigración convoca as listas de formadores colaboradores para impartir seminarios fóra de Galicia, para emigrantes galegos e os seus descendentes nas especialidades de folclore tradicional galego e cociña tradicional galega.Procedemento pechado
-
153
Seminarios de baile, música e cociña tradicional galega 2009
A Secretaría Xeral de Emigración, co obxectivo de potenciar os costumes e tradicións galegas, convoca distintos programas formativos de baile, música e cociña tradicional galega, que se realizarán nas entidades galegas do exterior, de xeito que se manteña viva a nosa identidade e se promocione a nosa cultura na Galicia exterior.Procedemento pechado
-
153
Curso de Auxiliar de Enfermería de Xeriatría 2009
A Secretaría Xeral de Emigración convoca los cursos de Auxiliar de Enfermería de Xeriatría para o ano 2009, que se celebrarán en Bos Aires e Montevideo.
Páxinas |