Programa de axudas ao alugamento de vivendas do plan estatal de vivenda 2018-2021

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

182 lecturas
Este programa consiste en dúas liñas de axudas co obxecto de facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos.
Entidade convocadora: 
Instituto Galego de Vivenda e Solo
Data de publicación: 
12.09.2019
Estado: 
Procedemento aberto

LIÑAS DE AXUDAS E CONTÍA

As persoas beneficiarias deste programa poderán acceder ás seguintes liñas de axudas:

Liña A: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda, en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos. A contía da axuda varía en función do grupo de idade:

  • Persoas entre 18 e 64 anos: 40% da renda mensual do alugueiro
  • Persoas de 65 ou máis anos: 50% da renda mensual de alugueiro

Liña B: axuda dirixida a persoas con escasos medios económicos que non teñan cumpridos os 35 anos na data de presentación da solicitude. A contía da axuda é do 50% da renda mensual de alugueiro.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

a) Anexo I, de solicitude

b) Contrato de alugamento da vivenda, cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.

c) Xustificante de empadroamento conxunto de todas as persoas integrantes da unidade de convivencia, expedido dentro dos tres meses anteriores á data da presentación da solicitude. As persoas integrantes desta unidade de convivencia deben constar empadroados na vivenda obxecto do contrato de alugamento á data da presentación da solicitude.

d) Anexo II, de declaración responsable das persoas integrantes da unidade de convivencia da persoa solicitante e comprobación dos datos necesarios para a tramitación do procedemento, no caso de que a unidade de convivencia estea integrada por máis dunha persoa. No caso de que unha unidade de convivencia estea composta por máis dunha unidade familiar, deberase cubrir un modelo de anexo II por cada unha delas.

As solicitudes (anexo I) que no momento da súa presentación non vaian acompañadas dos documentos sinalados nas letras b), c) e d) quedarán automaticamente inadmitidas.

e) Documentación xustificativa dos ingresos percibidos pola unidade de convivencia, no caso de non presentar declaración do IRPF ou percibir algunha das rendas exentas previstas no artigo 7 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, acompañado da seguinte documentación:

  • Certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas cales estivese de alta no devandito exercicio.
  • Certificado de pensións ou prestacións periódicas, emitido polo correspondente organismo oficial, no caso de non ser outorgadas polo INSS.
  • Certificados bancarios de rendementos do capital mobiliario.
  • Certificado da contía percibida pola Renda de Integración Social de Galicia.

f) No caso de ingresos obtidos no estranxeiro, copia da declaración similar á do IRPF, autenticada pola correspondente delegación consular e, de ser o caso, o certificado acreditativo de equivalencia en euros do importe declarado.

g) No caso das persoas separadas ou divorciadas, convenio regulador de nulidade, separación ou divorcio, ou sentenza que acredite que a persoa solicitante non ten o uso da vivenda familiar, así como a documentación acreditativa de estar ao día no pagamento das pensións alimenticias e compensatorias, de ser o caso.

REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.

Ser titulares, en condición de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos e cuxos efectos económicos sexan anteriores ao último día de prazo de presentación de solicitudes.

Os ingresos da unidade de convivencia deben estar comprendidos no intervalo de 0,7 e 2 veces o IPREM, agás familias numerosas ou unidades de convivencia con persoas con discapacidade, cuxo límite máximo será de 4 ou 5 veces o IPREM dependendo das circunstancias.

A) Requisito de ingresos da unidade de convivencia, agás casos especificados nas columnas B) e C)
B) Familia numerosa de categoría XERAL ou persoas con discapacidade (distinta da sinalada na columna C):
C) Familia numerosa de categoría ESPECIAL ou persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade  1
Ingresos mínimos:
0,7 veces IPREM
Ingresos máximos:
2 veces IPREM
Ingresos mínimos:
0,7 veces IPREM
Ingresos
máximos:
4 veces IPREM
Ingresos mínimos:
0,7 veces IPREM
Ingresos
máximos:
5 veces IPREM
5.263,71€
15.039,18€
5.263,71€
30.078,36€
5.263,71€
37.597,95€
  • A persoa beneficiaria e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia deben constar empadroados na vivenda na data da presentación da solicitude.
  • A persoa solicitante e as demais persoas integrantes da unidade de convivencia deben estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
  • A renda mensual da vivenda alugada non pode superar os importes establecidos no artigo 10.
  • Poderán ser beneficiarias das axudas da liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente, as persoas físicas maiores de idade que non teñan cumpridos os 35 anos na data de presentación da solicitude e cumpran o resto de requisitos sinalados.

(1) Tipos de discapacidade para ter en conta como ingresos máximos da unidade de convivencia 5 veces IPREM:

  • a) Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33%.
  • b) Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65%

NON ESQUEZA:

  • Para ser beneficiario/a da axuda ten que ser titular dun contrato de alugamento no momento de presentar a solicitude (tanto na liña A como na liña B).
  • Seleccionar unha das dúas liñas de axuda no anexo I, e indicar o grupo de idade e a renda (Campos obrigatorios).
  • Entregar toda a documentación especificada (anexo I, II, contrato de alugamento, padrón conxunto, xustificación de ingresos e convenio regulador, de ser o caso)
  • Só se admitirá unha única solicitude por unidade de convivencia e só se poderá conceder unha única axuda por contrato de alugamento.

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
11.10.2019