Aula GaliciaAberta

Co obxectivo de manter a actividade formativa e divulgativa da cultura galega en todo o mundo durante a pandemia do coronavirus, a Secretaría Xeral da Emigración pon en marcha a Aula GaliciaAberta, seis seminarios en liña sobre distintas disciplinas relacionadas co patrimonio inmaterial de Galicia.

Os obradoiros de folclore galego son de carácter público e gratuíto, non precisan inscrición e están dirixidos non só @s alumn@s xa existentes de calquera das materias nas distintas entidades galegas espalladas polo mundo, senón tamén a aquelas persoas que, malia non ter coñecementos previos, queiran achegarse a estas disciplinas. Cada un destes catro cursos está conformado por dez sesións. As consultas que o alumnado formule serán respondidas ao finalizar a retransmisión a través de Facebook Live.

Para o público infantil, co Contapinta as nenas e nenos galegos de todo o mundo achegaranse dun xeito divertido e creativo a través dun contacontos ás vidas de destacadas e destacados persoeiros galegos ou a relatos tradicionais da nosa cultura e aprenderán a debuxalos.

Para @s interesad@s na gastronomía, o obradoiro de Cociña achegará receitas elaboradas desde Galicia con produtos típicos da nosa terra adaptando, nos casos nos que sexa posible, os ingredientes ou métodos empregados á realidade gastronómica dos países con maior presenza galega.

(*) As clases emitiranse a través de

Repositorio das clases da AULA galiciaaberta

Aquí podes acceder aos vídeos das sesións xa emitidas dos obradoiros da Aula GaliciaAberta.

Cociña