Trátase dunha vista do Centro Gallego de Lisboa. Esta entidade atópase ubicada nun pazo regalo do magnate galego Manuel Cordo Boullosa, fillo de galegos emigrados a Portugal. Criado na parroquia de Caritel (Ponte Caldelas), Boullosa foi un gran mecenas da cultura, e fundou a empresa petrolífera portuguesa Sonap, actualmente coñecida como Galp. Nesta obra cobra gran importancia o uso da cor, que se impón sobre a liña. O cromatismo é moi vivo e, xunto coa luz, dan a impresión de atoparmos nun día de primavera. A técnica empregada para a súa realización é o óleo.