Obra na que aparece a casa de Rosalía de Castro en Padrón, coñecida como Casa da Matanza. A poetisa foi moi apreciada polas galegas e os galegos emigrados e por iso pódense atopar un grande número de representacións dela nos centros galegos do exterior. A vexetación crece chegando case a tapar a casa. A cor é a protagonista do cadro, prevalecendo por riba da liña. A técnica empregada é o óleo.