Vista do Centro Galego de Lisboa

M. G. Pereira Vista do Centro Galego de Lisboa, Segunda metade s. XX
Vista do Centro Galego de Lisboa
3004 lecturas

Trátase dunha vista do Centro Gallego de Lisboa. Esta entidade atópase ubicada nun pazo regalo do magnate galego Manuel Cordo Boullosa, fillo de galegos emigrados a Portugal. Criado na parroquia de Caritel (Ponte Caldelas), Boullosa foi un gran mecenas da cultura, e fundou a empresa petrolífera portuguesa Sonap, actualmente coñecida como Galp. Nesta obra cobra gran importancia o uso da cor, que se impón sobre a liña. O cromatismo é moi vivo e, xunto coa luz, dan a impresión de atoparmos nun día de primavera. A técnica empregada para a súa realización é o óleo.

máismenos
Data 
Segunda metade s. XX
Vista do Centro Galego de Lisboa
Soporte / Técnica 
Óleo sobre lenzo
Autor 
M. G. Pereira
Dimensións 
30 x 25