Participa - Estratexia Galicia Retorna

  • Abrimos a nova Estratexia Galicia Retorna a toda a cidadanía mediante este proceso de participación online porque entre todos e todas seremos quen de deseñar as fórmulas para apoiar ao retorno dos galegos do exterior durante os vindeiros anos.
  • Para garantir a participación da sociedade civil, damos a coñecer o proceso de elaboración da nova Estratexia e a documentación sobre a mesma a través da web, dos nosos perfiles nas redes sociais e dos nosos listados de mailing, permitindo facer achegas por medio dun formulario habilitado ao efecto e mediante o correo-e.  
  • Para poder enviarnos a túa achega de maneira rápida e sinxela tan só tes que encher o formulario que tes a continuación.
  • Se queres remitir un arquivo adxunto podes facelo directamente a través desta páxina web https://emigracion.xunta.gal ou ben mediante o correo electrónico retorno.emigracion@xunta.gal