CANTO CUSTA A MATRÍCULA E COMO SE PAGA?

O custo da matrícula para estudos oficiais de master está fixado polas universidades. 

A matrícula consta de dous conceptos:

  1. Taxas administrativas ou de secretaría ( apertura de expediente, seguro universitario de accidentes e asistencia en viaxes, expedición tarxeta universitaria de identidade (TUI), solicitude de equivalencia, etc. cuxo importe oscila entre 43  e 70 € segundo os casos.
  2. Taxas académicas (diferenciando a rama de Experimentais e Non Experimentais):
    a) Para os títulos de máster da rama de Experimentais - Epígrafe A (Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñería e Arquitectura),  o importe sería 1.881,60 € aproximadamente.
    b) Para os títulos de máster da rama de Non Experimentais  - Epígrafe B (Arte e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas), o importe sería 1.296,60 € aproximadamente.

Moi importante: Exención de taxas académicas
Os/as solicitantes das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, no momento de realizar a matrícula,  deben marcar a casilla correspondente a que son solicitantes de bolsa e así só aboan só as taxas administrativas ou de secretaría. Este abono faise normalmente mediante ingreso bancario ou mediante tarxeta bancaria de crédito ou débito .

Se a resolución da Bolsas Excelencia Mocidade Exterior fose favorable e se concedese a bolsa, as taxas académicas abonaríanas unha vez que estivesen en España e recibisen o importe da bolsa.

Se a bolsa se denegase e seguise interesado/a en relizar o máster para o que se matriculou, deberá aboar as taxas académicas no prazo establecido. No caso de que se lle denegase e xa non estivese interesado/a en realizar o máster, deberá anular a matrícula e perdería en todo caso o importe das taxas administrativas ou de secretaría.