Que requisitos debo cumprir?

1) No momento de solicitar a Bolsa debes cumprir necesariamente os seguintes requisitos:

  • Ter menos de 40 anos.
  • Ter a nacionalidade española.
  • Residir no estranxeiro.
  • Estar vinculado a Galicia dunha das seguintes maneiras:
    a) Ser emigrante nacido/a en Galicia
    b) Ser emigrante non nacido/a en Galicia, pero que residiras en Galicia de forma continuada durante 10 anos con nacionalidade española antes de emigrar
    c) Ser descendente por consanguinidade dunha das persoas dos apartados a) ou b) anteriores, sempre que naceras no estranxeiro.
  • Acreditar un mínimo de dous anos de residencia no exterior inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude
  • Ter rematada algunha titulación universitaria de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico ou outro expresamente declarado equivalente.

2) Requisitos que debes cumprir no momento de presentar a solicitude ou con posterioridade, pero sempre antes da concesión da Bolsa:

  • No caso das persoas descendentes de galegos/as e nacidas no estranxeiro, estar vinculada a un concello galego no PERE (Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro).
  • Estar matriculado/a no curso 2018/19 nun mestrado universitario dos ofertados nesta convocatoria, dun mínimo de 60 créditos e na modalidade presencial.