Que diferenza hai entre o recoñecemento de equivalencia do título estranxeiro e a declaración de equivalencia da nota media do expediente académico?

  1. Recoñecemento de equivalencia do título estranxeiro:
    Para ser admitido/a nunha universidade, no caso de títulos estranxeiros de estudos de países alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), deberás tramitar a solicitude de recoñecemento de equivalencia académica do título estranxeiro en España.

    Este trámite é necesario aos efectos exclusivos de cursar estudos de mestrado nunha universidade galega e debes realizalo directamente coa universidade galega onde pretendas cursar o mestrado, tal e como está explicado na pregunta frecuente 8.
  2. Declaración de equivalencia da nota media do expediente académico universitario estranxeiro:
    Un dos criterios de valoración das solicitudes destas bolsas é a nota media do expediente académico. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, debes presentar xunto á solicitude de bolsa o documento de declaración de equivalencia das notas medias de estudos e títulos universitarios realizados no estranxeiro aos correspondentes españois, que se realizará on-line a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte de España (MECD), tal e como está explicado na pregunta frecuente 16.