No caso de nacer no estranxeiro, como solicito o certificado do Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE)?

Este certificado do PERE (Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro) debe solicitarse ao INE (Instituto Nacional de Estadística) da provincia á que pertenza en Galicia o teu concello galego. Podes solicitar este certificado por correo electrónico. Debes dirixirte á provincia correspondente de Galicia e enviar un formulario que podes descargar aquí e enviar tamén unha copia do teu pasaporte ou DNI escaneado.