COMO TEÑO QUE FACER PARA MATRICULARME NOS MÁSTERES?

Antes de matricularte debes realizar o proceso de solicitude de admisión nun ou en varios dos másteres ofertados nesta convocatoria nas universidades galegas que prefiras.

Cada universidade establece o seu propio prazo de admisión e debes estar en contacto directo con elas para informarte dos programas de máster da túa área de interese, así como dos requisitos e da documentación que debes aportar.

A estes efectos, para ser admitido/a nunha universidade, no caso de títulos estranxeiros de estudos de países alleos ao Espacio Europeo de Educación Superior (EEES), deberás tramitar a solicitude de equivalencia na universidade galega onde pretendas cursar o máster. Non será necesario no caso de que o título estivera xa homologado a un titulo universitario oficial español ou a outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro estado membro do EEES e que faculten para o acceso a estudos de máster.

Para preinscribirte, tes que cumprimentar o formulario de solicitude do máster ao que queiras acceder na web da universidade á que pertenza, onde te explicarán os requisitos de admisión e prazos posteriores para no seu caso matricularte: