No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, como tramito a declaración de equivalencia das notas medias de estudos e títulos universitarios realizados no estranxeiro aos correspondentes españois?

No caso de que a titulación de acceso ao mestrado se obtivera nunha universidade estranxeira, a certificación do expediente académico deberá ir acompañada da declaración de equivalencia de nota media que se obtén a través do acceso ao formulario na aplicación on-line sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte de España (MECD)

As instrucións para realizar este trámite pódelas descargar aquí.

O procedemento para realizar este trámite é o seguinte:

  1. O formulario de “declaración de equivalencia da nota media de expedientes académicos universitarios realizados en centros estranxeiros” debe ser cumprimentado coa información do expediente académico e selecciónase a escala de cualificación que corresponde aos estudos realizados. Débense engadir os datos de cualificacións obtidas na escala orixinal e aparecerá de forma automática a nota media equivalente de cada unha e a nota media final do expediente académico.
  2. Terminado o devandito proceso, débese confirmar a declaración, imprimir e asinar a “Declaración de equivalencia de nota media”. A continuación debe escanearse e achegarse á plataforma.
  3. A declaración de equivalencia será revisada polos órganos instrutores dos procedementos, que deberán verificar os datos consignados na declaración para darlle validez.