Como solicito a Bolsa?

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado,  accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (o procedemento habilitarase proximamente).
  • As persoas solicitantes deberán cubrir os campos do formulario que figuren na aplicación informática e incorporar os documentos requiridos. Rematado este proceso, deberán confirmar a solicitude, que comporta a súa presentación e procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia. Unha vez confirmada a solicitude, non poderán ser modificados ningún dos datos cubertos no formulario.