Liñas de axuda

Ex. 15.04.2024
Ex. 15.04.2024
  • 153 Seminarios de baile, música, obradoiros artesanais e cociña galega. Ano 2012
    Información e Formularios de Inscrición. A Secretaría Xeral da Emigración co obxectivo de potenciar os costumes e tradicións galegas e posibilitar que os galegos e as galegas que residen no exterior manteñan os vínculos coa cultura de Galicia convoca distintos seminarios formativos de baile, música tradicional, obradoiros artesanais e cociña galega, que se realizarán nas entidades galegas do exterior, de xeito que se manteña viva a nosa identidade e se promocione a nosa cultura na Galicia exterior.
    Modalidades convocadas: Seminarios de baile. Seminarios de gaita. Seminarios de percusión. Seminarios de pandeireta e canto. Seminarios de carácter artesanal. Seminarios de cociña galega. Documentación: Formulario de solicitude para cubrir on-line* (picar aquí para... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Programa de axudas para a participación en actividades de Campamentos e Campos de Traballo no ano 2012
    Información dos programas de campamentos e campos de traballo dirixidos a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos/as e que residan no exterior e formularios para a inscrición.
    Obxecto: Facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares. Número de prazas convocadas e características: 1.- Actividades de campamento: convócanse 213 prazas en campamentos e albergues xuvenís situados en Galicia, dependentes da Dirección... Máis información
    Procedemento pechado
  • 152 153 166 154 Prazo de presentación de novas inscricións e actualización das listas de formadores/as para impartir seminarios fóra de Galicia durante o ano 2012
    Información e formularios de inscrición.
    De acordo coa resolución do 13 de maio de 2008 (art. 10º), poderanse presentar novos méritos e novas solicitudes de inscrición dúas veces ao ano, unha antes da data do 15 de xuño, e outra antes da data do 15 de decembro. Infórmase que ata o 14 de febreiro (inclusive) deste ano as e os formadores... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Subvencións correspondentes aos programas de Apoio Infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2012
    Información dos distintos Programas de Axudas e formularios para as solicitudes de axuda.
    Programas de Axudas e Subvencións: Programa A. Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións. Programa B. Axudas a entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos. Documentación... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Programa de viaxes "Reencontros na Casa" para residentes no exterior. Ano 2012.
    Información do programa e formularios de inscrición. O programa Reencontros na casa está orientado a promover o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.
    Destinatarios/as: Poderán ser solicitantes deste programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos: Ser emigrante galego. Ter a nacionalidade española. Residir en América. Ter cincuenta e cinco anos ou máis de idade contados na data de finalización do prazo de... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Axudas económicas individuais a galegos e galegas residentes no exterior. Exercicio 2012.
    Información do Programa e Formularios de Solicitude das Axudas económicas individuais de carácter social dirixidas a emigrantes galegos residentes no estranxeiro que posúan a nacionalidade española e a determinados familiares, que se atopen en situación de necesidade económica. Estas axudas están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención socio-sanitaria.
    Destinatarios/as: Os emigrantes galegos e os seus fillos, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galego de acordo co que se establece no artigo 3º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia. A forma de acreditar dita condición de galego sinálase no artigo 14º destas bases. Os netos de... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das Comunidades Galegas no Exterior para o exercicio 2012.
    Información dos Programas de Axudas e formularios para as solicitudes de axuda.
    Programas de Axudas e Subvencións: Programa 1: axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das entidades galegas no exterior. Programa 2: axudas ás entidades galegas no exterior para proxectos culturais, socioasistenciais, promovidos pola xuventude e accións informativas.... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Escolas Abertas presenciais 2012
    Información e formularios de inscrición dos obradoiros de especialización de carácter presencial que se desenvolverán durante o vindeiro mes de xullo na cidade de Lugo.
    Modalidades: Os distintos programas que se desenvolverán dentro das Escolas Abertas 2012 realizaranse na cidade de Lugo e consistirán en obradoiros de especialización: 1. Especialización: 1.1. Gaita tradicional galega. 1.2. Baile tradicional galego. 1.3. Percusión tradicional galega. 1.4.... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Cursos preparatorios de lingua galega para os niveis CELGA e de extensión cultural 2011-2012
    Información e formularios de inscrición para descargar
    Obxecto da convocatoria: Convocar cursos preparatorios de lingua galega para os niveis Celga e de extensión cultural, que se realizarán nos centros galegos do exterior e nas cidades onde exista unha importante demanda no coñecemento da lingua galega. Os cursos convocados son os seguintes: a)... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Bolsas para estudos universitarios oficiais, intercambios universitarios e estudos de formación profesional en Galicia para o curso académico 2011-2012
    Información e formularios de inscrición para descargar
    Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión de bolsas de nova adxudicación ou a súa prórroga, para a realización de estudos presenciais universitarios, de intercambios universitarios ou estudos de formación profesional de carácter oficial en centros públicos... Máis información
    Procedemento pechado

Páxinas