Glosario comezando con R

Faga clic nunha das letras de arriba para ir á páxina de todos os termos que comezan con esa letra.
RD

Siglas de Real Decreto. Decisión asinada por El-Rei sobre a materia ou negocio en que teña competencia.

Recadar

Cobrar ou percibir diñeiro.

Recorrer

Entablar recurso contra unha resolución, sentenza, etc.

Recurso contencioso-administrativo

Recurso que se pode interpoñer contra as disposicións de carácter xeral e contra os actos expresos e presuntos da Administración Pública que poñan fin á vía administrativa, sexan definitivos ou de trámite, estes últimos deciden directa ou indirectamente o fondo do asunto, determinan a imposibilidade de continuar o procedemento, producen indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos ou intereses lexítimos.

Recurso de alzada

Recurso que pode interpoñer o cidadán contra as resolucións e os actos de trámite da Administración que determinan a imposibilidade de continuar o procedemento, producen indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, que non poñan fin á vía administrativa.

Recurso extraordinario de revisión

No proceso contencioso administrativo, recurso de carácter extraordinario que pode interpoñerse contra sentenzas firmes de tribunais superiores de xustiza ou de salas do contencioso-administrativo do Tribunal Supremo, baseándose exclusivamente nos motivos taxados pola lei.

Recurso potestativo de reposición

Os actos administrativos que poñan fin á vía administrativa poderán ser recorridos potestativamente en reposición ante o mesmo órgano que os ditara (no prazo dun mes se o acto fose expreso ou de tres meses se o acto fose presunto) ou ser impugnados directamente ante a orde xurisdicional contenciosa-administrativa.

Regra

Estatuto, constitución ou xeito de executar algo.

Regulamentación

Conxunto de regras.

Regulamento

Colección ordenada de regras ou preceptos, que pola autoridade competente se dá para a execución dunha lei ou para o réxime dunha corporación, unha dependencia ou un servizo.

Relatorio

Comunicación ou exposición pública dun tema.

Renda

En materia tributaria, importe neto dos rendementos.

Render

Dar froito ou utilidade.

Requirir

Notificar algo a alguén con autoridade pública.

Resolución

Decreto, providencia, auto ou decisión de autoridade gobernativa ou xudicial.

Retornados

Persoas que volven ao seu país de orixe.

Revogar

Deixar sen efecto unha concesión, un mandato ou unha resolución.

Rexer

Dirixir, gobernar ou mandar.