Glosario comezando con P
- Padrón municipal
-
Rexistro administrativo onde constan os veciños dun municipio. Os seus datos constitúen proba que fai fe de residencia no municipio e do domicilio habitual do habitante.
- Partida orzamentaria
-
Cada un dos artigos e cantidades parciais que contén unha conta.
- Parágrafo
-
Cada unha das divisións dun escrito sinaladas por letra maiúscula ao comezo de liña e punto e aparte ao final do fragmento de escritura.
- PEME
-
Siglas de Pequena e Mediana Empresa. Unha empresa que non teña máis de 50 traballadores.
- Persoa física
-
Individuo da especie humana.
- Persoa xurídica
-
Organización de persoas ou de persoas e de bens á que o dereito recoñece capacidade unitaria para ser suxeito de dereitos e obrigas, como as corporacións, asociacións, sociedades e fundacións.
- Período mínimo de cotización
-
Espazo temporal necesario durante o que o traballador ten que ter cotizado para facerse acredor do dereito das diferentes prestacións da Seguridade Social.
- Pleno municipal
-
Órgano colexiado fundamental para o goberno e administración do municipio. Está integrado por todos os concelleiros e presidido polo alcalde.
- Posto de traballo
-
Emprazamento físico no que o traballador desenvolve habitualmente a súa actividade.
- Prego
-
Papel ou memorial comprensivo das condicións ou cláusulas que se propoñen ou se aceptan nun contrato, unha concesión gobernativa, unha poxa, etc.
- Prescrición
-
Dito dun dereito ou acción de calquera clase, extinguirse polo transcurso do tempo nas condicións previstas pola lei.
- Prexuízo
-
Detrimento patrimonial que debe ser indemnizado por quen o causa.
- Procedemento
-
Tramites a realizar nun expediente administrativo.
- Procedemento administrativo
-
Serie formal da serie de actos en que concreta a actuación administrativa para a realización dun fin.
- Programa
-
Agrupamento de diversas actividades con certo grao de homoxeneidade á cal se lle asignan recursos humanos, financeiros e materiais co gallo de que produzan bens ou servizos.
- Provincia
-
Cada unha das grandes divisións dun territorio ou Estado, suxeita polo común a unha autoridade administrativa. Trátase dunha entidade local con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins.
- Proxecto
-
Pranta e disposición que se forma para a realización dun tratado, ou para a execución dalgo de importancia.