Presencia Eterna de Gallegos en La Habana

Presencia Eterna de Gallegos en La Habana
Título: 
Presencia Eterna de Gallegos en La Habana
Autor: 
Cardelle Zamora, G. (Coord.)
Ano publicación: 
1998
Idioma: 
Castelán
Editorial: 
Xunta de Galicia
ISBN: 
84-453-2217-6

Unha das grandes e primeiras ondadas da emigración do pobo galego dirixiuse ao Caribe e, moi especificamente, á illa de Cuba, antonomásica perla da Antillas.

Nesta obra recolléronse datos das construcións funerarias corporativas da Habana, agrupadas, dende a súa fundación, por parroquias, por relacións de veciñanza, ás veces superadoras de limites mesmo provinciais, por pertenza aos mesmos concellos, ás mesmas bisbarras naturais, con maior ou menor extensión. Outros panteóns, nalgúns casos tan relevantes e monumentais como os colectivos, débense á iniciativa persoal e familiar, pero, tanto a súa dificil localización coma o seu número, excederían as posibilidades e proporcións desta investigación e achega, na que primou o quefacer asociativo e mutualista, demostrativo dunha capacidade para a solidariedade e da forza dunhas ataduras comúns, sostidas ao longo da vida e aínda máis alá.

1511 lecturas