Casas de Indianos

Casas de Indianos
Título: 
Casas de Indianos
Autor: 
Bores Gamundi, F. (Coord.)
Ano publicación: 
2000
Idioma: 
Castelán
Editorial: 
Xunta de Galicia
ISBN: 
84-453-2803-4

«Dalgún xeito podería dicirse que en Galicia se aprendeu o progreso, cos seus adiantos, inventos e melloras, moito antes polo contaxio e o ensino de América que polas noticias e influencias que puidesen chegar do resto de España. [...] Oportuno é recordar as amplas e admirativas miradas dos nenos das aldeas e parroquias, hai xa bastantes anos, cando tiñan ante os seus ollos a figura do "indiano", moi frecuentemente "cubano" ou "habaneiro", que espertaba fantasías e desexos que chegada a xuventude impulsaban á decisión do embarque".

Neste traballo colectivo -contribución singular para o enriquecemento de todos os coñecementos do fenómeno da nosa emigración e, polo tanto, da propia evolución de Galicia- destacados e destacadas profesionais e expertos e expertas da arquitectura e da historia catalogaron, xustificaron e localizaron as principais mostras da arquitectura indiana en Galicia. É unha consecuencia palmaria do traballo dunhas galegas e uns galegos emigrados, coincidentes temporalmente nunha época de prosperidade cubana, que nos proba así a súa fixación en trasladar á súa terra os bens adquiridos e as ideas recibidas.

2156 lecturas