Sen Título

Enrique Medina Sen Título, Segunda metade s. XX
Sen Título
1748 lecturas

Enrique Medina nace en Montevideo en 1935. Realizou unha importante labor artística nos últimos anos, nos que expuxo en galerías de todo o mundo. Durante longos anos, a produción de Medina consistiu en exercicios dun esteticismo onde a visión de espazos domésticos (unha cancela, un patio, unha fiestra) levábao a esmaltar con depurada técnica esas escenografías desertas, logrando en todo caso un saldo decorativo, cun selo de refinamento, que probou ser variable no mercado e cuxa temática espertaba unha seducción epidérmica.  A obra da Casa Galicia de Montevideo representa unha realidade conxelada, case unha natureza morta. O artista realizou unha serie na que aparecían portas, á que pertence esta obra. Dá sensación de soidade e frío. A técnica empregada é a aerografía.

máismenos
Data 
Segunda metade s. XX
Sen Título
Soporte / Técnica 
Aerografía
Autor 
Enrique Medina
Dimensións 
33 x 49