O Consello da Xunta nomea a Antonio Rodríguez Miranda secretario xeral da Emigración

Antonio Rodríguez Miranda é licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela, técnico superior en Prevención de Riscos Laborais e profesor e director de Formación.

Foi deputado no Parlamento de Galicia na VII , VIII e IX lexislaturas e voceiro de Presidencia e Administración Pública do Grupo Parlamentario Popular.

Antonio Rodríguez Miranda, nomeado hoxe secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia
Antonio Rodríguez Miranda, nomeado hoxe secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2016.

O Consello da Xunta de Galicia aprobou hoxe o decreto polo que se nomea a Antonio Rodríguez Miranda como secretario xeral da Emigración.

Antonio Rodríguez Miranda (A Bola-Ourense, 1967) é licenciado en Ciencias Biolóxicas, especialidade de Zooloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela, técnico superior en Prevención de Riscos Laborais, especialidade en Seguridade e Hixiene Laboral, e profesor e director de Formación.

Foi deputado no Parlamento de Galicia na VII , VIII e IX lexislaturas e voceiro de Presidencia e Administración Pública do Grupo Parlamentario Popular.

Membro de diferentes comisións na Cámara autonómica galega, foi voceiro na Comisión 1ª Institucional de Administración Xeral, Xustiza e Interior na VII e VIII lexislaturas e membro na IX. Dentro do seu traballo no Parlamento, foi relator de leis como a de Modificación da Función Pública de Galicia, da Lei ómnibus e da Lofaxga de organización e funcionamento da Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia.

2153 lecturas