Miranda invita ás entidades galegas no exterior a “presumir” da súa terra a través do Camiño de Santiago

O secretario xeral da Emigración reuniuse co presidente do Centro Galego de Puerto Rico, Jesús Herbón, que planea crear unha asociación de amigas e amigos da ruta de peregrinación.

Imaxe do encontro celebrado no despacho do secretario xeral da Emigración, en Santiago de Compostela
Imaxe do encontro celebrado no despacho do secretario xeral da Emigración, en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 16 de agosto de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, invitou a todos os centros galegos a “presumir” de Galicia a través dun dos seus maiores reclamos e tesouros, o Camiño de Santiago. O titular do departamento do goberno galego aplaudiu a iniciativa do Centro Galego de Puerto Rico, que planea constituír unha asociación de amigas e amigos das diferentes rutas de peregrinación que teñen como destino Compostela, e así llo trasladou ao seu presidente, Jesús Herbón, a quen recibiu na sede da Secretaría Xeral da Emigración.

“O Xacobeo 2021 é a nosa mellor oportunidade de invitar a aqueles que acolleron aos milleiros de galegos que residen o exterior a gozar do máis valioso que temos. O Camiño de Santiago, as súas paisaxes, gastronomía, monumentos e, por enriba de todo, as súas xentes, todas as que un se pode atopar na súa andaina, son as que fan Galicia”, apuntou Miranda. “Difundir a mensaxe de que Compostela e todo o que a une ao mundo é de todos, tamén deles, é a misión máis importante que temos todos de cara ao vindeiro Ano Xubilar, a nosa cita máis internacional dos vindeiros meses”, lembrou.

A gastronomía galega, outro reclamo
O secretario xeral da Emigración aproveitou o seu encontro con Herbón para facer balance da actividade que o centro portorriqueño levou a cabo no país centroamericano no que vai de ano, así como para coñecer os seus plans de futuro máis inmediatos. 

870 lecturas