Miranda asina o convenio para a obtención da tarxeta Galicia Saúde Exterior coas comunidades galegas de Canadá, país no que residen máis de dous mil galegos e galegas

O secretario xeral da Emigración participou na gran celebración anual de Galicia en Toronto, principal cidade do país americano.

Achégase [hoxe domingo] a coñecer a outra colectividade galega, o Centro Galego de Montreal, en Quebec.

  • Imaxe da xuntanza do secretario xeral da Emigración coa colectividade galega no Club Hispano de Toronto, que preside a galega Josefina Torre
    Imaxe da xuntanza do secretario xeral da Emigración coa colectividade galega no Club Hispano de Toronto, que preside a galega Josefina Torre
  • Imaxe da xuntanza do secretario xeral da Emigración coa colectividade galega en Toronto
    Imaxe da xuntanza do secretario xeral da Emigración coa colectividade galega en Toronto
  • Imaxe da xuntanza do secretario xeral da Emigración coa colectividade galega en Toronto
    Imaxe da xuntanza do secretario xeral da Emigración coa colectividade galega en Toronto
  • Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración ao Centro Galego de Montreal
    Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración ao Centro Galego de Montreal
  • Miranda co presidente do Centro Galego de Montreal
    Miranda co presidente do Centro Galego de Montreal
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2015.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a socias e socios, e coñeceu as instalacións, do Club Hispano de Toronto, que preside a galega Josefina Torre. Esta entidade aglutina a maioría da colectividade galega na cidade máis poboada dese país norteamericano, onde residen e están inscritos máis de dous mil paisanas e paisanos, segundo os últimos datos do INE, cun óptimo nivel de integración na sociedade de acollida.

Miranda participou asemade na gran celebración anual de Galicia en Toronto, que reúne a boa parte das colectividades galega e española en xeral, e tamén a un importante número de cidadás e cidadáns autóctonos, vinculados con elas. Trátase dun evento con especial sona na cidade, pola súa viveza e tradición.

Continuando con esta primeira viaxe institucional por Canadá, Miranda desprázase hoxe ata Montreal, segunda cidade máis poboada do país, para coñecer as socias e socios, e instalacións, do Centro Galego da cidade, no que se dá cita a maior parte da colectividade galega residente na provincia francófona de Québec.

Na sede de ambas entidades, o secretario xeral da Emigración asina ademais o convenio de colaboración entre a Xunta e cadansúa comunidade galega para facilitar os trámites para a obtención da tarxeta sanitaria Galicia Saúde Exterior. Este documento garante á persoa titular o acceso á sanidade pública galega, en igualdade de condicións que as e os residentes no territorio, para as e os membros da diáspora, nas súas estadías temporais en Galicia. Desta maneira, esténdese para as e os galegos residentes no Canadá unha posibilidade da que xa gozan as galegas e galegos doutros países americanos.

Antes, en Cuba
Con este encontro en Montreal, Miranda dá por finalizada a súa viaxe por Canadá e Cuba, país no que estivo xoves e venres, onde visitou as comunidades galegas, mantivo diversos contactos institucionais ao máis alto nivel, e desenvolveu accións na procura de novos folgos para a expansión da economía galega, acompañado polo director de Internacionalización do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), Abel Veiga Copo.

Ambos altos cargos autonómicos mantiveron diversos contactos institucionais con representantes da Administración cubana, con quen analizaron en detalle as posibilidades de ampliar as actuais e frutíferas relacións entre Galicia e a república centroamericana. Tamén se entrevistaron con empresarios galegos e españois presentes na illa, e acudiron a inaugurar o Curso de xestión de proxectos para entidades civís, organizado pola Dirección General de Migraciones do Goberno Central, e a Xunta.

1606 lecturas