A Federación de Centros Españoles de Venezuela ten nova directiva

A  Feceve é unha instancia que representa ao colectivo organizado proveniente das distintas comunidades autónomas españolas e, no posible, ao non organizado, residente en Venezuela ante gobernos, organizacións e organismos públicos e privados de España, Europa e Venezuela.

Imaxe da toma de posesión da nova xunta directiva
Imaxe da toma de posesión da nova xunta directiva
Listen to this page using ReadSpeaker
Caracas, 29 de novembro de 2017.

A Federación de Centros Españoles de Venezuela (Feceve), estrea nova xunta directiva liderada nesta oportunidade por Roberto González Pérez, presidente da Hermandad Gallega de Venezuela. As novas autoridades tomaron posesión dos seus cargos tras o acto de entrega que se realizou o pasado sábado na sede da entidade galega en Caracas.

Esta xunta directiva quedou integrada por Roberto González Pérez, da Hermandad Gallega de Venezuela; Víctor Medina e  Maritrini Morales, do Hogar Canario Venezolano; Roberto Freire e Jesús González, da Hermandad Gallega de Valencia; Roberto Serrano e María Eulalia Millares, do Centro Catalán; Antonio Corral Olmo, do Centro Gallego de Puerto La Cruz; Jesús Javier Pérez, do Hogar Canario  Larense; Manuel  Rolo, do Centro Hispano Venezolano do estado  Aragua, e Juan Carlos  Capllonch Calderón, do Centro Cultural Español Cervantes del Tigre.

A  Feceve é unha instancia que representa ao colectivo organizado proveniente das distintas comunidades autónomas españolas e, no posible, ao non organizado, residente en Venezuela ante gobernos, organizacións e organismos públicos e privados de España, Europa e Venezuela.

Ten ademais entre os seus obxectivos a loita polo benestar social da comunidade española en Venezuela, a través do labor social e cultural, así como manter a unidade da comunidade e defender os seus intereses.

Fonte e foto: Federación de Centros Españoles de Venezuela

869 lecturas