Inauguración do XII Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos - AIEG, na Casa de Galicia en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
488 lecturas

O luns 10 de setembro ás 11:00 h, na sede da Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, inaugúrase o XIIº Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos - AIEG, que leva por título Novos horizontes para unha Galicia global: Redes, Territorio e Memoria.

  • O Congreso celebrarase do 10 ao 15 de setembro na Facultade de Filoloxía da Universidade Complutense de Madrid (UCM), e nel participarán máis de douscentos especialistas en estudos galegos de diferentes universidades europeas e americanas.

  • A Asociación Internacional de Estudos Galegos, coa súa proposta de congreso "Novos horizontes para unha Galicia global: Redes, Territorio e Memoria", espera converterse nun punto de encontro e foro de discusión para a investigación sobre a lingua, a cultura e a historia de Galicia.

  • Baixo as tres amplas nocións sobre as que se artella, para alén de apostar pola investigación básica e os traballos de disciplinas consolidadas, agárdase que este congreso atraia desde as novas xeracións de investigadoras/es coas súas primeiras contribucións ata as/os especialistas máis consolidadas/os, acollendo traballos interdisciplinares ou propostas innovadoras de todas as partes do mundo.

  • Este XII Congreso Internacional da AIEG organízase en torno a diferentes sesións de traballo e difusión: relatorios, paneis, mesas e sesións plenarias, todas elas formuladas consonte aos diversos enfoques ou ámbitos de estudo propostos. Doutra parte, tamén quérese fomentar a participación e implicación da mocidade investigadora, organizando varias actividades culturais.

Inauguración do XII Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos - AIEG, na Casa de Galicia en Madrid
Evento: 
Congreso
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Asociación Internacional de Estudos Galegos - AIEG
Data: 
10.09.2018
Hora: 
11:00
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: