Exposición de pintura de Antonio Martínez (Cachi), na Casa de Galicia en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
685 lecturas

O martes 9 de xaneiro ás 19:30 h, na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, inaugúrase a exposición de pintura de Antonio Martínez (Cachi).

  • Nacido no barrio guardés da Robaleira, Antonio Martínez (Cachi) cultivou a paixón pola pintura desde moi novo. A súa contorna mariñeira influíu decisivamente na súa pintura. Cursou estudos de delineante en Vigo e en 1979 realizou a súa primeira exposición de óleos. As súas obras son unha linguaxe co/a observador/a, unha invitación, un agasallo para os ollos, tenta captar cunha pincelada exacta ese momento máxico que lle proporciona a natureza, ese diálogo persoal que ten coas cores da vida, que lle motivan a buscar con sensibilidade, serenidade e firmeza esa obra máxica.
  • O artista pon a alma en cada unha das súas obras, en cada pincelada, en cada trazo de cor, deixándoa atrapar en mil tonalidades. A cor é, pois, a súa linguaxe. Considera que a súa obra non lle pertence exclusivamente a el senón tamén ao/á espectador/a que a contempla e a observa con intelixencia.

Datas da exposición: do 09.01.2017 a 31.01.2017

Horario de visita:

  • De luns a venres: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h
  • Festivos: de 10:00 a 14:00 h
Exposición de pintura de Antonio Martínez (Cachi), na Casa de Galicia en Madrid
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Data: 
09.01.2018
31.01.2018
Hora: 
19:30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: