Listados provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas do programa “Reencontros na Casa”. Ano 2017

Listen to this page using ReadSpeaker
1360 lecturas
Listados provisionais e modelos para formular alegacións.
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación das listaxes provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas do programa "Reencontros na Casa" 2017 (Resolución do 22 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG nº 63, do 30 de marzo).

De acordo co disposto no artigo 10.5 publícanse as listas provisionais das persoas admitidas e excluídas e requiridas, correspondentes a Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguai e Venezuela.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles desde o día seguinte a publicación na páxina web http://emigracion.xunta.gal, para formularen as alegacións que consideren oportunas e para a emenda das solicitudes. Este prazo remata o 26 de maio de  2017. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, consideraranse desistidas da súa petición, e arquivaranse nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

País Listado
Arxentina Descargar
Brasil Descargar
Brasil (Río de Xaneiro)* Descargar
Cuba Descargar
Uruguai Descargar
Venezuela Descargar

 

Para formular alegacións ou achegar documentación complementaria coa fin de emendar a solicitude:

*Nota: para o caso de Río de Xaneiro, o prazo de emenda remata o 29 de maio

Nota 2: con posterioridade publicaranse os listados definitivos das persoas admitidas e excluídas e, logo, os das persoas seleccionadas e as reservas.

Data de publicación: 
10.05.2017
Data fin de prazo: 
26.05.2017