Listados provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas do programa “Reencontros na Terra”. Ano 2017

Listen to this page using ReadSpeaker
1699 lecturas
Listados provisionais e modelos para formular alegacións.
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación das listaxes provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas do programa "Reencontros na Terra" 2017 (Resolución do 27 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG nº 125, do 3 de xullo).

De acordo co disposto no artigo 9.5 publícanse (10 de agosto de 2017) os listados provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas, correspondentes a Brasil, Uruguai e Venezuela. O día 11 de agosto de 2017 publicouse o listado de Arxentina e o 17 de agosto o de Cuba

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles desde a publicación na páxina web http://emigracion.xunta.gal  (o prazo remata o 28 de agosto para Brasil, Uruguai e Venezuela e o día 29 para Arxentina) para formularen as alegacións que consideren oportunas e para emendar a solicitude. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, consideraranse desistidas da súa petición, que se arquivará nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 01 de outubro, del procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

País Data publicación Fin prazo emenda Listado
Arxentina 11 agosto 2017 29 agosto 2017 Descargar
Brasil 10 agosto 2017 28 agosto 2017 Descargar
Cuba 17 agosto 2017 - Descargar
Uruguai 10 agosto 2017 28 agosto 2017 Descargar
Venezuela 10 agosto 2017 28 agosto 2017 Descargar

 

Para formularen alegacións ou achegaren documentación complementaria co fin de emendar a solicitude:

Nota: con posterioridade publicaranse os listados definitivos das solicitudes admitidas e excluídas e, logo, os das persoas seleccionadas e as reservas.

Data de publicación: 
10.08.2017