Programa de axudas para a participación no Programa “Conecta con Galicia”, actividades de Aire Libre e Campos de Traballo no ano 2014

Listen to this page using ReadSpeaker
5076 lecturas
Información do programa “Conecta con Galicia”, actividades de aire libre e campos de traballo dirixidos a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos/as e que residan no exterior e formularios para a inscrición.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 3 de abril de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e convoca para o ano 2014 o programa de axudas para a participación no programa Conecta con Galicia, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos/as e que residan no exterior.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
10.04.2014
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto: Facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.

Requisitos esenciais dos/as participantes: mozos e mozas de entre 14 e 30 anos, residentes habituais fóra de Galicia, nacidos/as en Galicia ou descendentes de emigrantes galego/a ata o segundo grao de consanguinidade e con nacionalidade española, os/as maiores de 18 anos acreditarán a súa vinculación cun concello galego no censo electoral de residentes ausentes.

Número de prazas convocadas e características:

  1. Actividades de aire libre : Convócanse 170 prazas, con idades comprendidas entre os 14 e os 20 anos, no mes de xullo, co seguinte programa:
    a) “Cultura e camiño”, os/as participantes aloxaranse seis días, preferentemente, nas residencias xuvenís LUG II en Lugo e Florentino López Cuevillas en Ourense, participarán en actividades para coñecer o Patrimonio Histórico Cultural das respectivas zonas e percorrerán a pé o Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar a Compostela.

    b) “O mar de Galicia”, os seis días restantes aloxaranse en zona de costa, preferentemente, no albergue xuvenil de Gandarío en Bergondo (A Coruña), onde realizarán actividades de náutica, de recreo e de coñecemento do medio mariño.

    Como novidadedeste ano, inclúense 10 prazas para residentes no resto de España (excepto Galicia), e 4 para residentes no resto de Europa, no tramo de idade de 18 a 20 anos.
  2. Campos de Traballo: Convócanse 20  prazas para mozos e mozas con idades comprendidas entre os 20 e 30 anos. Realizarán actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental do noso contorno e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico. Ademais do traballo, ofrécese un programa con actividades de convivencia, de formación, de lecer e tempo libre.
    Estas actividades desenvolveranse previsiblemente na primeira quincena do mes de agosto.
    Como novidade deste ano, inclúense 2 prazas para residentes no resto de España (excepto Galicia), e 2 para residentes no resto de Europa.


Financiamento:
Este Programa cubre a totalidade dos gastos de aloxamento, manutención e desprazamentos en Galicia. Os custos dos billetes de ida e volta desde os países de orixe a Galicia financiaranse ao 100%, ao 50% ou ao 0%, segundo o establecido naresolución. Aquelas persoas participantes que opten pola financiación do 0% deberán aboar eles/as todo o custo dos billetes de ida e volta desde os países de orixe a Galicia.

Prazas actividades ao aire libre 2014  (14-17 anos)
País Quendas Financiamento
1ª quenda 2ª quenda Total 100% 50% 0% Total
Arxentina 18 14 32 18 10 4 32
Brasil - 5 5 3 1 1 5
Cuba - - 0 - - - 0
Uruguai 18 5 23 14 6 3 23
Venezuela - 12 12 12 - - 12
Resto de América 2 2 4 2 1 1 4
Resto de España - - 0 - - - 0
Resto de Europa 2 2 4 - 2 2 4
TOTAIS 40 40 80 49 20 11 80


 

Prazas actividades ao aire libre 2014  (18-20 anos)
País Quendas Financiamento
1ª quenda 2ª quenda Total 100% 50% 0% Total
Arxentina 24 11 35 22 10 3 35
Brasil - 9 9 7 1 1 9
Cuba - 3 3 3 - - 3
Uruguai 13 6 19 15 3 1 19
Venezuela - 8 8 8 - - 8
Resto de América 1 1 2 1 1 - 2
Resto de España 5 5 10 - - 10 10
Resto de Europa 2 2 4 - 2 2 4
TOTAIS 45 45 90 56 17 17 90


 

Prazas Campos de traballo 2014
País 100% 50% 0% TOTAL
Arxentina 3 1 - 4
Brasil 2 1 - 3
Cuba 2 - - 2
Uruguai 2 1 - 3
Venezuela 2 - - 2
Resto de América 1 1 - 2
Resto de España - - 2 2
Resto de Europa - 1 1 2
TOTAIS 12 5 3 20

 

FORMULARIOS DE SOLICITUDE* (Anexos III, IV, e V): Picar aquí para acceder á sede electrónica
*Nota: Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Non se pode gardar o documento xa que se perderán todos os cambios realizados.

Texto íntegro da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)

Lugar de presentación das solicitudes:

  1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como anexo I desta resolución, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
    A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Nesta caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante, carecendo do carácter de copia auténtica. A Administración, en calquera momento da tramitación do procedemento, poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e do artigo 22.3 do citado Decreto 198/2010. A achega de tales copias implica a autorización á Administración para que acceda e trate a información persoal contida nos correspondentes documentos.
    As persoas interesadas que non posúan certificado así o desexen poderán dirixirse ás entidades colaboradoras que se indican a continuación, nas cales existen persoas habilitadas para o efecto, para a presentación electrónica das súas solicitudes:
    * En Brasil:
    - Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.
    - Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador-Baía
    - Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrución de São Paulo.
    - Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro en Santos.
    * En Cuba:
    - Federación de Sociedades Galegas en La  Habana.
    * En Venezuela:
    - Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
    A utilización desta vía requirirá unha autorización que o/a interesado/a lle outorga á persoa responsable da entidade colaboradora para que remita a súa solicitude vía electrónica. Esa autorización farase constar no modelo de solicitude.
    As entidades galegas remitiranlle todas as solicitudes recibidas, xunto co resto da documentación, á Secretaría Xeral da Emigración nos catro días seguintes á data de remate do prazo de presentación de solicitudes. Este prazo só será ampliado logo de autorización da Secretaría Xeral da Emigración.
  2. Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderanse presentar nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do/a solicitante.

    En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria. Deberá remitirse á Secretaría Xeral da Emigración, sita na Rúa Basquiños 2, 15704 Santiago de Compostela.

    Os modelos normalizados de solicitude poderán obterse nas paxinas web https://sede.xunta.es e http://emigracion.xunta.es.
Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
10.05.2014