A ví­a romana da que se conservan máis miliarios

Sobreviviron ata 287 destas columnas do vial que unía Braga e Astorga no século I.
A ví­a romana da que se conservan máis miliarios

No século I Gallaecia estaba comunicada co resto de Hispania a través de tres vías romanas, a XVIII, XIX e XX, que unían as tres cidades máis importantes do noroeste naquel tempo, Bracara Augusta (Braga), Lucus Augusti (Lugo) e Asturica Augusta (Astorga). A Vía XVIII ou Vía Nova unía Braga e Astorga atravesando a actual provincia de Ourense de sueste a este a través de 215 millas romanas (uns 318 kilómetros). Este vial é, de todo o Imperio, o que conserva hoxe un maior número de miliarios, ata 287, segundo certifica ou arqueólogo Antonio Rodríguez Colmenero, profesor da Universidade de Santiago que realizou un exhaustivo estudo destas columnas de pedra. Esta riqueza arqueolóxica é enorme, pois en toda Hispania había ata 34 viais e chegaban polo menos ás 372 as estradas principais de todo o imperio romano, segundo os datos que nos proporciona o Itinerario de Antonino (documento do século III).

Os miliarios sinalaban a distancia de mil pasos (uns 1.480 metros) e eran os equivalentes aos fitos, marcos ou ás recentes sinalizacións verticais das estradas, uns bloques monolíticos de granito, con base cúbica que se enterraban no chan, e de fuste cilíndrico.

(O capítulo completo e máis singularidades de Galicia, no libro Galicia en cen prodixios, de Henrique Alvarellos (Edicións Xerais, 2004))

823 lecturas