Os únicos sambenitos da Inquisición conservados en España

Os "sambenitos" colgados no Museo de Tui son os únicos coñecidos ata agora en España.
Os únicos sambenitos da Inquisición conservados en España

O recoleto Museo Diocesano de Tui alberga algunhas pezas únicas e orixinais. Entre elas cóntanse os cinco paneis cos catorce sambenitos, únicos en España. Estes valiosos documentos históricos, restaurados e colgados agora xuntos nunha parede, corresponden a persoas concretas, herexes procesados ante o tribunal da inquisición (s. XVII). Descubrir as circunstancias concretas deses procesos e persoas, levou a Jesús Casás - director do Museo Diocesano de Tui- a investigar no Arquivo Histórico Nacional e a buscar as súas sentenzas nas Actas da Inquisición en Galicia. O achado serviu para documentar as circunstancias vitais de cada unha das persoas cuxos nomes aparecen en óleo negro, baixo as vermellas aspas de san Andrés, nos "sambenitos" tudenses.

(O capítulo completo e máis singularidades de Galicia, no libro Galicia en cen prodixios, de Henrique Alvarellos (Edicións Xerais, 2004))

851 lecturas