Os castiñeiros máis altos de Europa

O Souto de Quiroga, en Lalín, ten árbores de trinta metros de altura.
Os castiñeiros máis altos de Europa

No municipio de Lalín, o denominado "kilómetro cero de Galicia", álzanse maxestosos os castiñeiros co fuste máis alto de Europa, así recoñecidos xa dende 1954, ano en que a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e Alimentación (FAL) así o documentou.

Trátase do Souto de Quiroga, tamén coñecido como o bosque de Catasós, pois esta é a parroquia lalinense onde se sitúa. Encóntrase á esquerda da transitada estrada Nacional 525 que une Lalín e Ourense, a uns tres kilómetros do centro do pobo. Despois de moitos anos vivindo coa ameaza da súa destrución, en febreiro de 2000 foi declarado Monumento Natural pola Xunta de Galicia, o que significa a súa protección definitiva. O Goberno galego comprara o terreo en xuño de 1999 por 75 millóns de pesetas. En total abrangue 4,5 hectáreas e os castiñeiros superan nalgún caso os trinta metros de altura. O profesor Ernesto Viéitez Cortizo sinala que este fuste se debe á peculiar densidade desta forestar, circunstancia que obrigou ás árbores a buscar a luz e fixo crecer aos exemplares rectos cara a arriba.

(O capítulo completo e máis singularidades de Galicia, no libro Galicia en cen prodixios, de Henrique Alvarellos (Edicións Xerais, 2004))

844 lecturas