O cenobio rupestre máis famoso do occidente europeo

San Pedro de Rocas remóntase ao século VI e conserva capelas trogloditas.
O cenobio rupestre máis famoso do occidente europeo

O mosteiro prerrománico máis antigo e orixinal de cantos se conservan en Galicia é o de San Pedro de Rocas, situado no municipio ourensán de Esgos. Remóntase ao século VI e está levantado sobre rochas graníticas naturais. Nos seus comezos foi un eremitorio de anacoretas e hoxe en día está considerado como o complexo monacal rupestre máis famoso de todo o occidente de Europa.

A espadana ou campanario de San Pedro de Rocas álzase sobre un monolito natural de máis de quince metros de altura e consérvanse na súa igrexa capelas trogloditas e tumbas antropomorfas, ademais do altar, do século VI, dos máis antigos altares cristiáns.

Arredor do antiquísimo mosteiro, un frondoso bosque e sendeiros cativadores permítennos considerar tamén unha paisaxe na que asoman caprichosas formacións rochosas.

(O capítulo completo e máis singularidades de Galicia, no libro Galicia en cen prodixios, de Henrique Alvarellos (Edicións Xerais, 2004))

744 lecturas