O acantilado máis alto do Atlántico Norte

Na serra de Capelada, en Cedeira, o litoral álzase a 620 metros sobre o mar.
O acantilado máis alto do Atlántico Norte

Nos seus 1.400 kilómetros de costa, Galicia é brava, de rochas caprichosas no norte cantábrico lucense, pero tamén é doce, diluída, lenta no mar das Rías Baixas, con ondas débiles que recean de morrer na area. E polo camiño, ao norte de Ferrol, en Cedeira (municipio declarado de Interese Turístico en 1953) encóntrase un xigantesco acantilado, o máis alto do Atlántico norte.

Na serra de Capelada os gandeiros rapan as eguas e a vexetación salvaxe ábrese camiño entre as almas dos penitentes a Santo Andrés de Teixido. Aquí, onde o mundo parece ter chegado á súa fin, o monte de Herbeira álzase a 620 metros mirando ao mar. Rafael Usero, historiador experto nesta bisbarra, sinala que "na costa de Dalmacia -no Adriático- e nos Fiordes de Noruega hai acantilados máis altos, pero na fachada atlántica europea ningún chega a ter a altitude deste e, sobre todo, a tan poucos metros da costa, pois encóntrase uns 780 dela". A inclinación é polo tanto tremenda, espectacular, chega aos 51 graos.

(O capítulo completo e máis singularidades de Galicia, no libro Galicia en cen prodixios, de Henrique Alvarellos (Edicións Xerais, 2004))

856 lecturas