Lugo - Praza Maior

Vista panorámica da Praza Maior de Lugo.

Este espazo da cidade fundada en tempos de Augusto quizais xa acolleu o anfiteatro;  en tempos medievais seguiu a ser o centro da vida cotiá, comercial e institucional, pero para atopar a orixe da súa actual configuración teremos que esperar ao XIX, o século das revolucións liberais e a Desamortización que tamén chegará á vetusta cidade da muralla.

Hoxe este corazón no que latexa a dinámica social e administrativa da capital provincial está formado por unha amálgama de edificacións e estilos construtivos, mestura dun convento hoxe colexio, do pazo consistorial, o xardín, as casas con soportais e de outras edificacións civís e mesmo monumentos escultóricos dedicados a escritores e escritoras senlleiras da nosa literatura, heteroxéneos compoñentes deste espazo de faladoiro, xogos e paseo.

Lugo - Plaza Maior
1929 lecturas