A Coruña - Torre de Hércules

Vista panorámica de A Coruña dende a Torre de Hércules.

Declarada Patrimonio da Humandidade pola UNESCO en 2009, a Torre de Hércules foi construída baixo as indicacións do arquitecto Caio Sevio Lupo na segunda metade do século I (ou a principios do segundo) coa finalidade de servir de sinal marítimo e instrumento de navegación para as embarcacións que na súa travesía se achegaban ao Golfo Ártabro,  sendo o único faro romano que desde as súas orixes ata a actualidade cumpriu con esta a súa función primixenia.

Alonxándonos máis das fontes escritas e os vestixios arqueolóxicos, conta a lenda que o décimo dos doce traballos imposto polos deuses olímpicos a Heracles -o fillo de Zeus e Alcmena- tróuxoo ata a Península Ibérica para roubar o gando do xigante Xerión, a quen, despois de tres días coas súas correspondentes noites de loita, matou cortándolle a cabeza e construíndo riba dela esta torre, á que deu o nome de Crunia en lembranza da primeira muller que habitara o lugar e de quen o heroe grego prendeu namorado.

A Coruña - Torre de Hércules
2303 lecturas