El Tercio de Gallegos

El Tercio de Gallegos. Crónicas de un heroico regimiento voluntario, nacido para
Título: 
El Tercio de Gallegos. Crónicas de un heroico regimiento voluntario, nacido para la defensa de Buenos Aires, y precursor de la Revolución de Mayo de 1810.
Autor: 
Vázquez Rivarola, H.G.
Ano publicación: 
1999
Idioma: 
Castelán
Editorial: 
Xunta de Galicia
ISBN: 
84-453-2526-4

Esta obra enmárcase dentro do proxecto de recuperación dunha historia compartida pola que se afiance máis a comprensión recíproca dos pobos arxentino e galego e, dende glorias pasadas favorecedoras dunha fraternidade cultural e social, proxéctese cara a un porvir que, tamén en numerosos aspectos, ha de ser común.

O Tercio de Gallegos foi un dos batallóns voluntarios de milicias populares formados para a Defensa de Bos Aires ante as invasións británicas, acaecidas entre os anos 1806 e 1807. Tivo esta unidade moitas características distintivas, pero ningunha delas foron debidas á casualidade ou o azar. Este corpo tivo unha clara e profunda orixe, consecuente ao extremo con situacións que lle precederon. O 17 de setembro de 1806, os seus Comandantes Primeiro e Segundo, daquela D. Pedro Antonio Cerviño, Director en funcións da Escola de Náutica e D. José Fernández de Castro, prominente funcionario da Congregación do Apóstolo Santiago, subscriben o Regulamento da unidade. Lograran convocar dentro dos seus respectivos ámbitos de influencia, unha multitude tal que o día 12 en que debían presentarse á convocatoria do Vicerrei, puideron poñerse de pé unha forza de 600 homes, conformando o rexemento de infantaría máis numeroso, logo da Lexión de Patricios Voluntarios Urbanos.

1053 lecturas