Memorial del último Reino Santiago de Chile

Memorial del último Reino Santiago de Chile. (Vida, hechos y sueños de Rodrigo d
Título: 
Memorial del último Reino Santiago de Chile. (Vida, hechos y sueños de Rodrigo de Quiroga y Camba y de Pedro Mariño de Lobera, precursores gallegos del Reino de Chile)
Autor: 
Moure Rojas, E.R.
Ano publicación: 
2001
Idioma: 
Castelán
Editorial: 
Xunta de Galicia
ISBN: 
84-453-3133-7

Nesta obra o escritor chileno-galego Edmundo Moure Rojas rescata do esquecemento ou da inaudita depreciación a eses galegos e galegas importantes que tanto tiveron que ver na historia de Chile. Recuperar a súa memoria, coa noticia das súas vidas e dos seus feitos, parece que é o principal propósito do autor de Memorial del Último Reino, creativa investigación, centrada nun período histórico e atenta a esas personalidades galegas con brillo propio e con sobresaíntes accións.

O capitán galego, lucense, Rodrigo de Quiroga y Camba, acompañou a Valdivia na conquista de Chile e despois desempeña os máis importantes cargos militares, de administración e de goberno en Chile durante boa parte do século XVI.

Uns dez anos despois da fundación de Santiago, chegaría a Chile o pontevedrés Pedro Mariño de Lobera para poñerse ás ordes de Valdivia e pasar, pouco despois, baixo o mando do seu paisano Quiroga. Mariño de Lobera constituirase nun dos primeiros cronistas da historia chilena ao redactar a súa Crónica del Reino de Chile.

963 lecturas